Sada programa xornadas extraordinarias gratuitas de conciliación familiar.

08/06/2020

Sada programa xornadas extraordinarias gratuitas de conciliación familiar.

-Para a Concelleira de Participación Cidadá, Rebeca Mouriño, o obxetivo principal este ano é cubrir as necesidades de conciliación das familias cuxos proxenitores se atopan en circuntancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores. 

Formulario online de inscrición

Bases de participación Xornadas extraordinarias de conciliación familiar motivadas pola crise sanitaria COVID19

Sada, 6 xuño 2020.

O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta as Xornadas Extraordinarias de Conciliación Familiar para nenas e nenos empadroados cuxo proxenitor/a (no caso de familia monoparenatal) ou proxenitores se atopen na circunstancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores.

Este servizo gratuito, que se levará a cabo no colexio Pedro Barrié de la Maza de Mondego entre o 15 de xuño e o 31 de xullo de 2020, estará coordinado por un equipo de monitorado profesional, en espazos adaptados ás medidas de seguridade sanitaria  motivadas pola COVID 19 establecidas polo Ministerio de Sanidade e polas autoridades competentes.

Neste sentido se cumprirá coas condicións para a realización de actividades de tempo libre, intentando restrinxir as interaccions aos compoñentes de cada un dos grupos e realizando as actividades no exterior sempre que sexa posible, que se irán modificando segun marquen as medidas  da desescalada sempre cumprindo cos hábitos de hixiene e distancia. 

As Xornadas disporanse en sete quendas semanais consecutivas, para axustarse mellor ás necesidades das familias que traballen a turnos, sendo a primeira do 15 ao 19 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas establecéndose un protocolo de entradas e salidas dependendo da cantidade de usuarios.

A inscrición realizarase mediante formulario online que estará habilitado a partir do luns 8 de xuño.

A situación de progresiva desescalada leva actualmente a moitas persoas a retornar a horarios de traballo presencial, ao tempo que os centros escolares continúan pechados. “Esta situación supón unha dificultade para conciliar a atención dos menores coas responsabilidades laborais , é necesario facilitar a incorporación laboral presencial toda vez que a precaución sanitaria aconsella protexer ás persoas maiores do contacto con outras persoas pola súa maior vulnerabilidade”, indica a concelleira Rebeca Mouriño.

“Sendo as avoas e avós os recursos máis habituais, urxe dende a administración local ofrecer algún tipo de servizo de conciliación motivada pola alarma sanitaria polo que este ano decidimos crear estas Xornadas de Conciliación” remata a concelleira.

 

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Saúde. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA