Sada oferta Paddel Surf e Kaiak gratuito

08/08/2019

Sada oferta Paddel Surf e Kaiak gratuito

O Concello de Sada, a través da OMIX, programa actividades de Paddle Surf e Kaiak gratuitas para maiores de 12 anos.

Listaxe persoas con praza na actividade Paddle Surf e Kaiak


Sada 26 xullo 2019.

Actividade gratuita, non inclúe desprazamento. As persoas participantes deberán ir pola súa propia conta a Gandarío. 

Día e hora da actividade: 10 de agosto entre as 10.00 e 12.00h 

Prazo de inscrición: até o 7 de agosto 

Participantes: a partir de 12 anos 

Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada e con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos. 

En caso de ter máis inscricións que prazas, priorizarase a orde de chegada segundo o rexistro no formulario online.

As inscricións son individuais. 

Prazas dispoñibles: 18 

Confirmación de praza o día 8 de agosto a través de correo electrónico ou chamada telefónica entre as 09.00 e as 14.00h


Arquivado en:
Novas. Avisos. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Medio ambente. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA