Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

01/04/2020

Sada entrega material sanitario a organizacións e persoal sanitario e de seguridade

-O persoal de Obras e Servizos está a desinfectar zonas de paso común nas parroquias do municipio.

-O Concello de Sada entregou ao longo deses últimos días diverso material sanitario ao persoal que está a traballar neste Estado de Alarma para minimizar no posible os posibles contaxios.


Sada, 31 marzo 2020.

El Concello de Sada entregou nos pasados días diverso material sanitario de protección ás coidadoras do servizo de atención domiciliaria, persoal do 061, persoal do Centro de Saúde, Garda Civil, Policía Local, Aspace e aos taxistas de Sada de cara a minimizar no posible os posibles contaxios que poideran xurdir e dotar de maior seguridade o entorno do seu traballo.

Mascarillas con filtros, batas quirúrxicas, luvas, hidroxel, desinfectante, pantallas, gafas, buzos reutilizables, buzos nivel 3 ou disponsadores foron entregados nos pasados días aos departamentos indicados polo servizo de emerxencia municipal.

Desinfección zonas común das parroquias

Desde o departamento de Obras e Servizos estanse a desinfectar zonas de paso de transeúntes como paradas de autobús e marquesinas tanto do centro urbano como das parroquias.

Os Servizos de Enerxencias Municipais tamén continúan a realizar desinfeccións dos lugares que poden ter unha maior presencia de persoas durante este Estado de Alarma.. Ademáis de marquesiñas e viales diante de supermercados ou farmacias están a limpar o Centro de Saúde de Sada.

Tamén a empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria está a desinfectar outras zonas do Concello e no que respecta á recollida de lixo a empresa concesionaria está a desinfectar as zonas de colectores de lixo de todo o municipio.

 


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Osedo. Sada. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá. Soñeiro. Obras e Servizos. Veigue. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.