Sada convoca o concurso Escaparates de Medo

14/10/2020

Sada convoca o concurso Escaparates de Medo

O Concello de Sada convoca a I edición do ''Escaparates de Medo'', un concurso dirixido ao sector comercial co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.

BASES PARTICIPACIÓN ESCAPARATES DE MEDO

FOLLA DE INSCRICIÓN


PARTICIPANTES

• Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio de Sada, independentemente da actividade que desenvolvan (establecementos de hostalaría, comercio, perruquerías, etc.) sempre que teñan escaparate con vistas ao exterior desde a rúa.

PARTICIPACIÓN

• O prazo de inscrición vai desde o 15 ao 23 de outubro. • Os establecementos interesados en participar poderán inscribirse cumplimentando o ANEXO I e presentándoo telemática ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

• A inscrición é gratuíta.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

• Os escaparates deben estar finalizados o xoves 29 de outubro. A participación é por local, con independencia do número de escaparates dos que dispoña.

• Os responsables de cada local deberán enviar unha fotografía a turismo@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para a súa promoción en redes.

• O Samaín en Galiza ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos.

BENEFICIOS POR PARTICIPAR

• As empresas participantes contarán coa promoción gratuíta nos diferentes medios de comunicación utilizados para difundir o evento do Samaín así como nas redes sociais municipais.

• Fomentarase que a veciñanza tire e comparta fotos fronte aos escaparates decorados a través de premios por sorteo directo.

• O Concello suministrará cartelería, elementos decorativos e "rasca e gaña" con agasallos para entregar nos comercios.

• O evento contará con accións de animación de rúa en forma de pasarúas, decoración e ambientalización musical.

ESCOLLA DO LOCAL GAÑADOR

O primeiro premio xerá outorgado polo xurado formado por tres representantes do Concello. Na súa valoración terase en conta:

• Adecuación á temática do Samaín.

• Orixinalidade e innovación nos contidos e formatos.

• Aproveitamento de recursos propios.

• Repercusión nas Redes Sociais.

PREMIOS

Primeiro premio: Diploma acreditativo, publicidade nas redes municipais e 100€ para material de escaparatismo.

Segundo premio: Diploma acreditativo e publicidade nas redes municipais.

Entre as personas que partillen e interactúen coas fotos no Facebook e Instagram co cancelo #SamainSada2020 sortearanse premios directos.

OUTRAS DISPOSICIÓNS

A participación implica a aceptación destas bases, así como a resolución destas. Todos os aspectos non recollidos nestas bases serán resoltos pola Organización.


Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Turismo. Subvencións e Axudas. Emprego. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA