Sada contrata o arreglo das escaleiras de Fontán

18/12/2019

Sada contrata o arreglo das escaleiras de Fontán

O Concello adxudica tamén a reforma da Oficina de Información Xuvenil para liquidar as deficiencias en cuberta e fachada


Sada, 18 de decembro 2019.

O Concello de Sada adxudicou por 36.322 euros á empresa Canarga as obras de mellora da accesibilidade ao barrio de Fontán e a reparación da escaleira da Avenida do Porto. O Concello contratou estes traballos, que saíron a licitación en xuño por 53.423 euros (sen impostos en ambos os casos).

O Executivo municipal prevé executar as obras no prazo de tres meses. O proxecto inclúe a reparación dos banzos, moi deteriorados, e aproveitará os traballos para eliminar os desniveis e redirixir augas pluviais cara aos novos sumidoiros.

A obra, moi demandada polos residentes na zona, contrátase tres anos despois de que Portos anunciase unha intervención de urxencia, que finalmente non executou, para substituír as escaleiras de madeira por unhas de formigón. O proxecto non convenceu ao Concello, partidario de manter a escalinata de madeira e que alertou do impacto da actuación prevista no barrio mariñeiro de Fontán.

Reforma da OMIX

O Concello de Sada acaba de adxudicar tamén por 35.939 euros a Construcións D. Ogando as obras de reforma da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Con estes traballos, o Concello pretende liquidar as deficiencias detectadas en fachadas e cuberta. O proxecto inclúe a substitución das carpintarías exteriores e o arranxo e repintado da fachada, na que apareceron nos últimos anos varias gretas e fisuras. As obras teñen un prazo de execución de dous meses.

Arquivado en:
Novas. Alcaldía . Urbanismo. Avisos. Educación e Deporte. Sada. Obras e Servizos.

Temas:
Subvencións e axudas. Educación. Urbanismo. Cultura. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA