Programación 25N - Sada libre de violencias machistas

18/11/2019

Programación 25N - Sada libre de violencias machistas

 

 

Con motivo da conmemoración o próximo 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres o Concello de Sada, súmase á campaña "En Negro contra as violencias", como vén facendo desde 2016.

O obxectivo é amosar o rexeitamento de toda a sociedade sadense ante a violencia contra a muller, e consistirá en tinguir de negro o noso municipio como sinal de dor por todas as vítimas da violencia machista.

Asociacións, clubs deportivos, axentes sociais, establecementos comerciais, de hostalaría e colectividades do municipio así como toda a veciñanza pode sumarse, a nivel individual, colocando ornamentación negra, colgando roupa negra nos balcóns, difundindo a campaña nas redes sociais, e por suposto, achegando ideas para que do 18 ao 25 de novembro consigamos tinguir Sada de negro.

En palabras da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimúndez: “gustaríanos poder contar coa vosa participación,un ano mais, indispensable para que esta mensaxe chegue a todos os recunchos da nosa vila e sociedade polo que necesitamos conseguir a máxima difusión da campaña”.

A acción está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad e o Pacto contra a Violencia de Xénero. 

OBRADOIRO "MACHISMO SEN MIOPÍA"

Dentro da programación da concellaría de  Servizos Sociais e Igualdade con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia contra a Muller, Sada acolle os talleres“Machismos Sen Miopías: A Saúde, unha Cuestión de Xénero”

A iniciativa consta de dous obradoiros complementariosque se desenvolverán os mércores 27 de novembro e 4 de decembro no Local anexo a Servizos Sociais (rúa A Lagoa, 44, portal 5 baixo dta) de 18:00h. a 20:30h.

Machismo Sen Miopías é un programa impulsado pola Deputación Provincial da Coruña co principal obxectivo de previr as violencias machistas a través da identificación e toma de consciencia daquelas violencias menos visibles, sensibilizando na importancia de erradicalas.

Concretamente abordarase a invisibilidade histórica das mulleres nos estudos científicos; a morbilidade diferencial así como o sobredimensionamento das diferenzas entre mulleres e homes; a violencia obstétrica e a patoloxización e medicalización dos corpos das mulleres.

A actividade é de balde pero con prazas limitadas. A inscrición en Servizos Sociais está aberta ata o 22 de novembro neste formulario,

Tamén no correo servizos.sociais@sada.gal. ou chamando  ao  telefóno de servizos sociais 981 62 05 67, deixando nome, apelidos, teléfono e DNI.

ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Sada freta un autobús gratuíto á VIII Andaina contra a Violencia de Xénero do sábado 23 de novembro organizada polo Consorcio das Mariñas. A marcha a pé trátase dun percorrido circular que parte ás 10:30 do Centro cultural A Fábrica de Perillo e termina no mesmo sitio tras 5 quilómetros de marcha.

Inscrición en liña para acudir no autobús á VIII Andaina contra a Violencia de Xénero

O Bus gratuíto de Sada partirá ás 9:45 da mañá fronte ao edificio do Concello de Sada. A volta está prevista para ás 12:45- 13:00 desde o Centro Cultural A Fábrica. A concellería pon a disposición da veciñanza 55 prazas no autobús gratuito.pra As prazas son limitadas a 55.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 18 de novembro a través do formulario, no correo plan.igualdade.sada@gmail.com ou chamando ao 981 62 05 67, deixando nome, apelidos, teléfono e DNI. As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os por un /unha maior de idade.

A actividade enmarcase na programación do 25N Día Internacional contra a Violencia contra a Muller. Está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad e o Pacto contra a Violencia de Xénero.

CONCENTRACIÓN POPULAR NA PRAZA DE SAN ROQUE O 25 NOVEMBRO

Ás 20:00 horas do 25 de novembro na Praza de San Roque terá lugara concentración  "Sada libre de Violencias Machistas" coa lectura do manifesto e a proxeción de imaxes da campaña Sada en Negro

ESPAZO DE REFLEXIÓN "A VIOLENCIA CONTRA A MULLER"

A partires do 18 de novembro na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo


Arquivado en:
Novas. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Sada.

AXENDA