Letras Galegas en Sada lembrando a Carvalho Calero

06/05/2020

Letras Galegas en Sada lembrando a Carvalho Calero

A Concellaría de Normalización convoca unha actividade virtual para conmemorar o Día das Letras Galegas.


Vaise achegando o Día Das Letras Galegas e, aínda que este ano haxa que adiar moitos actos dende a Concellaría de Normalización propoñemos celebralo de forma virtual.

¿Que tedes que facer?. Pois compartir a vosa arte con nós mentres divulgades a figura de Ricardo Carvalho Calero. Todas as ideas son válidas, podedes facer un debuxo, un marcapáxinas, escribir un conto, un relato...iso si, en galego e facendo referencia ao noso homenaxeado este ano: Ricardo Carvalho Calero, así que....adiante coas vosas creacións!

Esta proposta non ten límite de idade e as vosas obras artísticas nolas podedes achegar ao seguinte correo lingua@sada.gal cos vosos datos ata o 16 de maio. Todas as persoas que participedes recibiredes un agasallo do Concello de Sada.

Feliz mes das Letras!


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Medio Ambiente e Normalización Lingüística. Cultura .

Temas:
Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.