Alcaldía...

AXENDA

Alcaldía

 D. Oscar Benito Portela Fernández

 Alcalde

 Teléfono : 981620075 (ext 225)

  Contacto : alcaldia@sada.gal


As novas tecnoloxias cambiaron nos últimos anos a forma de comunicarse das persoas. As administracións públicas non son alleas a esta circunstancia. Queremos apostar por un espazo dixital moderno e áxil, que permita á xente ter toda a información que xenera o Concello e tamén lle permita achegarnos os seus problemas, as súas queixas e as súas suxerencias. É a xente a que mellor sabe o que necesita Sada e é o noso traballo escoitala e solucionar os seus problemas.

Transparencia e participación son dous eixos básicos da política do noso goberno, a web é unha ferramenta importante de comunicación, invítovos a utilizala.


O edificio do Concello de Sada iluminarase esta noite de verde pola ELA

O edificio do Concello de Sada iluminarase esta noite de verde pola ELA

21/06/2019

-O Concello de Sada súmase á campaña polo Día Mundial desta enfermidade

@salto@

Sada facilitará a madeira nas lumeiradas da Praia das Delicias para evitar o acceso ao areal con materiais contaminantes ou perigosos

Sada facilitará a madeira nas lumeiradas da Praia das Delicias para evitar o acceso ao areal con materiais contaminantes ou perigosos

21/06/2019

-O Concello de Sada habilitará varias zonas ao longo da Praia das Delicias onde se dispensará gratuitamente a madeira necesaria para facer as lumeiradas. As persoas interesadas poderán retirar esta madeira a partir das 19:00h do 23 de xuño na busca de compatibilizar o uso habitual do areal coa celebración da festa de San Xoán.

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO OITO SOCORRISTAS ACUÁTICOS

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO OITO SOCORRISTAS ACUÁTICOS

20/06/2019

Selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de oito (8) postos de socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará servizo nas praias do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal durante o verán

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO CATRO TÉCNICOS/AS PRIMEIROS AUXILIOS

CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO CATRO TÉCNICOS/AS PRIMEIROS AUXILIOS

20/06/2019

Selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de catro (4) postos de técnicos de primeiros auxilios que prestarán servizo nas praias do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal durante o verán.

Sada licita a reforma integral do Paseo Marítimo

Sada licita a reforma integral do Paseo Marítimo

19/06/2019

-As obras discurrirán entre a desembocadura do Rio Maior e as escaleiras de Fontán e mellorarán pavimentos, xardinería e asentamentos.

-Enlace á licitación

Sada licita a obra de mellora do camino de Lamela a Taibó en Carnoedo.

Sada licita a obra de mellora do camino de Lamela a Taibó en Carnoedo.

17/06/2019

-A última Xunta de Goberno Local, celebrada a pasada semana, aprobou a contratación por procedemento aberto dunha actuación que contempla a mellora do abastecemento, saneamento e pavimento do camino de titularidade municipal de Lamela a Taibó, na parroquia de Carnoedo.

BANDO MUNICIPAL QUE REGULA AS LUMARADAS NA NOITE DE SAN XOÁN

BANDO MUNICIPAL QUE REGULA AS LUMARADAS NA NOITE DE SAN XOÁN

07/06/2019

O alcalde do Concello de Sada ven de publicar un Bando Municipal coas regulacións para a noite noite de San Xoan.

BANDO REGULACIÓNS LUMARADAS SAN XOAN

CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

CONTACONTOS "LONXEDETODO: UN MODELO DE COMUNIDADE"

06/06/2019

Contacontos da compañía Trinketrinke nos que ensinan ás nenas e nenos uns sinxelos principios de funcionamento político da comunidade (que é o diñeiro público, como e para que se escolle un alcalde ou alcaldesa...).