Participación Cidadá, Transparencia,...

Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías

Rebeca Mouriño Neira

Concelleira de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas tecnoloxías - CONTACTO

Dende esta Concellería temos como obxectivo achegarnos ás veciñas e veciños e impulsar o desenvolvemento local e a democracia pariticipativa. A participación cidadá é un dereito a ser escoitado e a intervir nas decisións municipais.

É necesario manter e promover as relacions coas asociacions de veciños recollendo as suas propostas e inquedanzas e traballamos para que sexa así.

Asemade, a xuventude é un eixe fundamental na participación, atravesan un período de diferentes formas de sociabilidade e é o noso labor ofrecerlles a posibilidade de realizar actividades do seu interese e integrarlles no tecido social para formar aos cidadáns do futuro.


XORNADAS DE CONCILIACIÓN

XORNADAS DE CONCILIACIÓN

23/07/2020

-O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta as Xornadas Extraordinarias de Conciliación Familiar para nenas e nenos empadroados cuxo proxenitor/a (no caso de familia monoparenatal) ou proxenitores se atopen na circunstancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores.

Sada Móvese, programa de actividades náuticas, de aventura e de lecer

Sada Móvese, programa de actividades náuticas, de aventura e de lecer

23/07/2020

O Concello de Sada, a través de diversas concellerías, pon en marcha Sada Móvese, o programa de actividades naúticas, de aventura e lecer, que terán lugar no mes de agosto.

Sada programa actividades gratuitas para nenas e nenos de 5 a 12 anos

Sada programa actividades gratuitas para nenas e nenos de 5 a 12 anos

02/07/2020

INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES DO 7 E 9 DE XULLO

A concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías programa actividades gratuitas de lecer ao aire libre durante o mes de xullo

ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

30/06/2020

A Escola Municipal de Música de Sada abre o prazo de renovación de matrícula e novo alumnado para o curso 2020-2021.

IMPORTANTE:  O prazo de matrícula para o novo alumnado admitido é do 18 ao 26 de xuño. O 29 de xuño publicaráse a listaxe definitiva.

Nenas e nenos de Sada doan o premio do Entroido á Cruz Vermella

Nenas e nenos de Sada doan o premio do Entroido á Cruz Vermella

19/06/2020

O grupo de nenas e nenos "Stranger Circus", gañadores do primeiro premio categoría grupal do Entroido 2020 de Sada, doaron o premio de 700 euros ao programa de alimentos de Cruz Vermella da localidade.

Consulta pública sobre ordenanzas de Mobilidade e Transporte Público

Consulta pública sobre ordenanzas de Mobilidade e Transporte Público

09/06/2020

O Concello de Sada publica no Portal de Transparencia as consultas públicas sobre as ordenanzas de Mobilidade, Tráfico e Seguridade Viaria e sobre o Transporte público de persoas en vehículos de turismo (Taxi).

Sada programa xornadas extraordinarias gratuitas de conciliación familiar.

Sada programa xornadas extraordinarias gratuitas de conciliación familiar.

08/06/2020

-Para a Concelleira de Participación Cidadá, Rebeca Mouriño, o obxetivo principal este ano é cubrir as necesidades de conciliación das familias cuxos proxenitores se atopan en circuntancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores. 

CONCURSO MICRORRELATOS DESESCALADOS SADA

CONCURSO MICRORRELATOS DESESCALADOS SADA

05/06/2020

MICRORRELATOS DESESCALADOS

Concurso de creación literaria progresivamente desconfinada