Obras e Servizos...

AXENDA

Obras e Servizos

Fernando Fariña Andrade

Concelleiro de Obras e Servizos

 


Sada executa a humanización da rúa Ponte

Sada executa a humanización da rúa Ponte

15/07/2020

Esta actuación ven a unificar e humanizar a zona facendo da rúa Ponte unha zona de paseo a imaxe e semellanza da rúa Linares Rivas e da Praza de San Roque, primeiras en sufrir este cambio, ou da Praciña do Conde, Travesía da Obra, fronte da Oficina de Correos ou rúas Oleiros ou Abegondo, que se realizaron durante estes últimos anos.

Información sobre realización de cacharelas en espazos privados na noite de San Xoan

Información sobre realización de cacharelas en espazos privados na noite de San Xoan

17/06/2020

De cara a realizar cacharelas en espazos privados a noite do 23 de xuño o Concello de Sada aconsella seguir as seguintes normas

O Concello de Sada pon a disposición das veciñas e veciños o correo electrónico sanxoan@sada.gal para notificacións de realizacións de cacharelas na noite do 23 de xuño en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio. Na notificación deberá indicarse o nome do propietario/a da casa/finca, o seu DNI e o enderezo postal do lugar de celebración da cacharela.

Sada renova servizos de auga e saneamento no Tarabelo

Sada renova servizos de auga e saneamento no Tarabelo

05/06/2020

A Xunta de Goberno Local  adxudicou no día de onte a obra de renovación de servizos no Tarabelo á  empresa Mecano Obras e Reformas S.L., por un importe de 83.299,54 euros.

Sada adxudica a mellora do Barrio de Fontán

Sada adxudica a mellora do Barrio de Fontán

04/06/2020

-A Xunta de Goberno Local reunida esta mañá aprobou a adxudicación do proxecto de acondicionamento de pavimentos e instalacións das rúas de Fontán á empresa Excavaciones y Obras marcos S.L. por un importe de 96.539,65 euros.

Sada aproba aumentar partidas de emerxencia social e actuacións de infraestruturas

Sada aproba aumentar partidas de emerxencia social e actuacións de infraestruturas

28/05/2020

O goberno local presentou ao pleno celebrado esta tarde un modificativo de crédito e a dotación de partidas para Plans Provinciais que suporán inversións en obras por valor de un millón de euros e o aumento das partidas de emerxencia social para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19.

As augas dos areais de San Pedro e Arnela cualificadas como excelentes

As augas dos areais de San Pedro e Arnela cualificadas como excelentes

25/05/2020

No municipio sadense as augas dos areais de Arnela e San Pedro obteñen a mellor cualificación con "excelente". Sada Nova e Cirro manteñen a cualificación de "boa" e As Delicias e Morazón "suficiente".

Sada recibe da Unión Europea  880.738 euros do programa FEDER

Sada recibe da Unión Europea 880.738 euros do programa FEDER

21/05/2020

O goberno local proporá no Pleno que se celebrará o vindeiro xoves 28 de maio a dotación de 222.185 euros correspondente ao 20% da actuación que ten que asumir o Concello de Sada.

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

20/05/2020

O Concello de Sada celebrou esta tarde un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.