Benestar Social...

AXENDA

Benestar Social e Igualdade

Isabel Reimúndez Suárez

Concelleira Benestar Social e Igualdade

Teléfono : 981620567

Contacto :  isabel.reimundez@sada.gal

 


CURSO 2020-2021 ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS

CURSO 2020-2021 ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS

10/07/2020

Aberto o prazo de presentanción de solicitudes para a Escola Infantil Flora Ramos Curso 2020-2021.

Informamos de que do 20 de maio ao 5 de xuño (ambos incluídos) REÁBRESE O PRAZO DE MATRÍCULA para o curso 2020-2021 da EIM Florita de Sada.

A Galiña Azul. Matrícula Curso 2020-2021

A Galiña Azul. Matrícula Curso 2020-2021

29/06/2020

A Escola Infantil A Galiña Azul de Sada abriu o plazo de solicitudes para o próximo curso 2020-2021. As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente con cita previa chamando ao teléfono da escola infantil de Mondego 981624001 ou ao 664138090 en horario de 09:00 a 15:00h.

SADA APROBA AXUDAS DIRECTAS DE ATA 1.500 EUROS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

SADA APROBA AXUDAS DIRECTAS DE ATA 1.500 EUROS PARA AUTÓNOMOS E PEMES

26/06/2020

O Concello de Sada destinará 800.000 de euros en axudas directas entre 750€ e 1500€, destinadas a negocios con enderezo fiscal no municipio de Sada que tivesen que suspender a súa actividade ou que viran reducida a súa facturación nun 75 %, e buscaran complementar ás iniciativas dos Gobernos central e autonómico.

O Concello de Sada abre unha oficina para axudar a tramitar as axudas de Ingreso Mínimo Vital e de Aluguer.

O Concello de Sada abre unha oficina para axudar a tramitar as axudas de Ingreso Mínimo Vital e de Aluguer.

21/06/2020

Este novo servizo, dispoñible a través de cita previa que os/as interesados poderán solicitar chamando ao 687 322 743 ou a través do enderezo electrónico axudas@sada.gal, comezará o luns 22 de xuño nas dependencias da pranta baixa do edificio da OMIX na Praza da Peixería.

SADA ÚNESE Á CAMPAÑA PROVINCIAL "LIBERDADE DE SER E SENTIR"

SADA ÚNESE Á CAMPAÑA PROVINCIAL "LIBERDADE DE SER E SENTIR"

15/06/2020

Con motivo da celebración do día do Orgullo  LGBTIQ+ o 28 de xuño ondeará a bandeira do arco da vella no Concello.

Sada, 15 xuño 2020.

Sada aproba aumentar partidas de emerxencia social e actuacións de infraestruturas

Sada aproba aumentar partidas de emerxencia social e actuacións de infraestruturas

28/05/2020

O goberno local presentou ao pleno celebrado esta tarde un modificativo de crédito e a dotación de partidas para Plans Provinciais que suporán inversións en obras por valor de un millón de euros e o aumento das partidas de emerxencia social para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19.

Desde o xoves 21 é obrigatoria a máscara contra o coronavirus onde non se poidan manter dous metros de separación

Desde o xoves 21 é obrigatoria a máscara contra o coronavirus onde non se poidan manter dous metros de separación

20/05/2020

Toda persoa maior de 6 anos deberá usar “calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas”, agás casos nos que estea contraindicado

Sada, 20 maio 2020.

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

Sada aproba axudas por importe de un millón de euros

20/05/2020

O Concello de Sada celebrou esta tarde un Pleno Telemático onde se aprobou destinar un millón de euros a adopción de medidas extraordinarias para minimizar a incidencia da crise sanitaria do coronavirus COVID-19 no tecido productivo local, e reducir o impacto social causado por esta pandemia.

SERVIZOS
A UN CLICK