Avisos...

AXENDA

Avisos


CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO INTERINOS EDUCADOR/A SOCIAL

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO INTERINOS EDUCADOR/A SOCIAL

13/07/2020

PUBLICADO O ANUNCIO DE RESULTADOS DO 1º EXERCICIO FASE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO

O obxecto das presentes bases é o de regular o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondente a prazas de educador/a social, integradas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Técnicos medios, pertencente ao grupo de clasificación A subgrupo A2 de funcionarios, e sempre e cando se requira unha cobertura áxil ou urxente para atender ás demandas de persoal.

XORNADAS DE CONCILIACIÓN

XORNADAS DE CONCILIACIÓN

10/07/2020

-O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta as Xornadas Extraordinarias de Conciliación Familiar para nenas e nenos empadroados cuxo proxenitor/a (no caso de familia monoparenatal) ou proxenitores se atopen na circunstancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores.

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO PARA FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO PARA FUNCIONARIOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL

10/07/2020

Procedemento para a realización de bolsas de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e/ou laboral, ou calquera das situacións contempladas no art. 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) e do art. 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así coma para substitucións por vacacións ou permisos do persoal.

CURSO 2020-2021 ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS

CURSO 2020-2021 ESCOLA INFANTIL FLORA RAMOS

10/07/2020

Aberto o prazo de presentanción de solicitudes para a Escola Infantil Flora Ramos Curso 2020-2021.

Informamos de que do 20 de maio ao 5 de xuño (ambos incluídos) REÁBRESE O PRAZO DE MATRÍCULA para o curso 2020-2021 da EIM Florita de Sada.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE OITO SOCORRISTAS PARA AS PRAIAS DE SADA

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE OITO SOCORRISTAS PARA AS PRAIAS DE SADA

09/07/2020

O obxecto da convocatoria é a selección polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, de oito (8) postos de socorristas acuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará servizo nas praias do Concello de Sada, en réxime de contratación laboral temporal durante o verán.

SADA COMERCIO AGOSTO 2020

SADA COMERCIO AGOSTO 2020

09/07/2020

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego do Concello de Sada programa para os vindeiros 8 e 9 de agosto Sada Comercio 2020 e abre o prazo de solicitude de participación na feira.

BOLSA EMPREGO OPERARIOS SERVIZO EMERXENCIAS MUNICIPAL (SEM)

BOLSA EMPREGO OPERARIOS SERVIZO EMERXENCIAS MUNICIPAL (SEM)

09/07/2020

Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal laboral ou calquera das situacións contempladas no artigo 1 do Real Decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de Operario do Servizo de Emerxencias Municipal (SEM); en todo aquelo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020. (BOP núm.24, do 5-2-2020)

 CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE ALBANEL

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE ALBANEL

08/07/2020

OBXECTO DA CONVOCATORIA É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de persoal laboral fixo denominada Albanel, pertencente ao Grupo IV do Convenio Colectivo, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016. (BOP A Coruña núm. 148, do 5-8-2016)