CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN
25/02/2021
ACTUALIZADO A 24/02/2020 -Modificación do tribunal e desenvolvemento do 1º exercicio do PS
É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala de xestión, pertencente ao Grupo A, subgrupo A2, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016 (BOP núm. 148, do 5-8-2016) adscrita aos Servizos Económicos municipais.
Enquisa Plan de Formación Sada 2021
25/02/2021
Desde o Concello de Sada somos conscientes da necesidade de facilitar ferramentas formativas para la población del Municipio.
Os cursos de emprego ofertados pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Sada teñen como finalidade a inserción laboral a través de formación práctica e personalizada dirixida fundamentalmente ás personas demandantes de emprego do Concello de Sada.
CERTAME MICRORRELATOS E CÓMIC/VIÑETA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
25/02/2021
Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, 8 MARZO 2.021, xornada para reivindicar os dereitos e a igualdade de oportunidades así como denunciar as desigualdades e a violencia que veñen sofrindo as mulleres ó longo da historia, REDE FEMINISTA SADENSE, coa colaboración do Concello de Sada (Concellería de Benestar Social e Igualdate) convoca un CERTAME de MICRORRELATOS E COMICS/VIÑETAS baixo o lema “TI PODES E EU TAMÉN. TODXS TEMOS VOZ”
SADA APROBA A CONCESIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS PEL-REACTIVA
24/02/2021
A publicación da presente resolución provisional da cumprimento á notificación colectiva a todas as persoas e entidades interesadas, de acordo co artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e consonte ao establecido no punto 11 das bases reguladoras. As persoas e entidades interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentaren, de ser o caso, o desestimento da solicitude ou as alegacións que consideren oportunas. No caso de non formular desestimento expreso, a subvención considerarase aceptada tacitamente. No caso de formularse alegacións resolveranse de forma expresa na resolución de concesión definitiva desta convocatoria. Esta resolución de concesión provisional non crea dereito algún a favor das persoas beneficiarias propostas, en tanto non lles sexa notificada a resolución definitiva da súa concesión.
CONVOCATORIA BOLSA PARA POSTOS DE OPERARIO DA BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS
23/02/2021
Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de operario; en todo aquilo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020.
Sada amplia o prazo para inscribrse en EMPREAMAR
18/02/2021
O Concello de Sada amplia, ata o domingo 21 de Febreiro, a data para a inscripción na fase de preincubación de ideas de negocio dentro do programa EMPREAMAR
Para a participación no programa débese cubrir o seguinte formulario ata o 21/02/20201 (23.59 horas)
MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO
17/02/2021
Desde esta pasada medianoite están en vigor as novas medidas publicadas no DOG o pasado 15 de febrero. En consecuencia coas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia o Concello de Sada informa das restriccións que están en vigor e as medidas municipais que rexirán a partir de hoxe
55 establecementos comerciais participan na campaña "Merca co Corazón, Merca en Sada"
10/02/2021
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, lanza a campaña baixo o lema: "Merca con Corazón, Merca en Sada" co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o pequeño comercio