Urbanismo...

AXENDA

Urbanismo


Sada realizará unha senda peonil á altura da Escola Infantil de Carnoedo

Sada realizará unha senda peonil á altura da Escola Infantil de Carnoedo

26/11/2018

As obras proxectadas pola concellaría de Obras e Servizos levaranse a cabo no vial AC- 163 de Sada a Mera, desde a EEI de Carnoedo até o cruzamento coa estrada DP 7504.

@salto@

Sada licita a obra de acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo

Sada licita a obra de acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo

22/11/2018

O goberno local de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, licita o proxecto do acondicionamento do Centro de Formación Ocupacional de Osedo. As obras permitirán adecuar o inmoble para uso cidadán en condicións óptimas, despois de máis de cinco anos sen actividade no centro.

Sada licita a renovación do abastecemento de auga  na avenida Barrié da Maza

Sada licita a renovación do abastecemento de auga na avenida Barrié da Maza

21/11/2018

O proxecto da concellaría de Obras e Servizos está incluído no POS+2018 cun orzamento de 53.215€

Sada 20 novembro 2018

As Brañas, Espazo Natural de Interese Local

As Brañas, Espazo Natural de Interese Local

08/11/2018

A XUNTA DE GALICIA PUBLICA O ANUNCIO POLO QUE SE SOMETE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A DECLARACIÓN ENIL DE AS BRAÑAS DE SADA

Documentación completa do ENIL As Brañas de Sada

Sada humaniza o núcleo urbano con máis zonas peonís

Sada humaniza o núcleo urbano con máis zonas peonís

29/10/2018

Sada prima a calidade das zonas peonís o que se nota nas últimas obras no municipio. Desde a concellaría de Obras e Servizos adxudicouse recentemente a obra de mellora de Praciña do Conde, licitáronse os traballos en rúa Ponte, e estase traballando en Cantalarrana e na avenida República Arxentina. Con todo iso o núcleo urbano de Sada busca converterse nun lugar idóneo para os peóns, familias e o comercio de proximidade.

O Ministerio de Enerxía concede 230.000€ ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

O Ministerio de Enerxía concede 230.000€ ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

24/10/2018

- O goberno local levará ao pleno do próximo xoves un expediente de crédito extraordinario para financiar con cargo ao remanente de tesouraría o 20% restante da financiación dos proxectos para os que solicitou a axuda ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder.

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

22/10/2018

Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O GALP Golfo Ártabro Sur crea o proxecto "Mulleres do Mar"

O GALP Golfo Ártabro Sur crea o proxecto "Mulleres do Mar"

15/10/2018

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur sabe da importancia do traballo das mulleres do mar e quere que se faga máis visible. Por isto, este proxecto nace co obxectivo de incentivar, visibilizar e empoderar ás mulleres que traballan no sector do mar.