Accións formativas da AEDL do Concello de Sada
20/05/2016
O Concello de Sada organiza dentro do I Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), dúas accións formativas:
Curso de manipulación de alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral. O Obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade, e para:
O alcalde responde ás preguntas de seguridade vial dos escolares de Sada e Contornos
20/05/2016
Esta mañá celebrouse un Pleno Infantil no Concello de Sada onde participaron os escolares do CEIP Sada e Contornos que na quenda de rogos e preguntas demandaron do acalde de Sada, Benito Portela, numerosas cuestións de mellora de seguridade viaria que previamente realizaron nas súas clases dentro do proxecto "Móvete con Tino" . Os escolares pasearon nos últimos días por Sada e fixáronse en temas de seguridade viaria que poden mellorarse para hoxe exporllas ao alcalde.
AEDL organiza un curso de aplicación de productos fitosanitarios
18/05/2016
- A participación é gratuíta inscribíndose previamente as persoas interesadas ata o vindeiro día 26 de maio no rexistro de entrada do Concello de Sada.
- Folla inscrición no curso
Emprego da a coñecer as ferramentas de mobilidade na UE
10/05/2016
- O Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, organiza ademáis o xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, unha charla informativa referente ao emprego e aplicación de produtos fitosanitarios que impartirá Francisco Otero Otero, Enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Emprego organiza as xornadas "Ferramentas de mobilidade na Unión Europea"
29/04/2016
A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, dependente da concellería de Urbanismo e Emprego, vai realizar unha sesión informativa baixo o título “Ferramentas de mobilidade na Unión Europea”, o vindeiro venres 13 de maio de 9:30 h. a 11:00 h., na Casa da Cultura Pintor Lloréns con motivo da celebración o vindeiro 9 de maio do día de Europa e de que este ano é o 30 aniversario da adhesión de España á Unión Europea (1986-2016)
Os informes e as declaracións da Xunta coinciden nas correctas actuacións levadas a cabo nas inundacións
21/04/2016
- O goberno local presentou no Pleno de onte os informes dos servizos de emerxencias e dos corpos de seguridade.
-O 112 avisou da alerta laranxa para a zona de Sada o día 30 de marzo as 7:16 horas cando desde as 4:15 horas o alcalde, Benito Portela, e os servizos de emerxencia, seguridade e obras xa estaban no lugar das inundacións.
A oficina para asesoramento dos afectados polas inundacións tramitou 104 axudas.
20/04/2016
- A falta de dez días para que termine o prazo de presentación das axudas do real decreto 307/2015 o Concello de Sada ven de axudar na tramitación das solicitudes a cerca dun cento de afectados que tiveron asesoramento dos servizos sociais e da asesora xurídica do Consorcio das Mariñas.