Comerciantes de Sada e Concello, xuntos na organización da Feira de Comercio
02/07/2016
-A Concellalía anima ás tendas de Sada a informarse sobre todos os aspectos relativos a esta celebración ”que leva moi bo ritmo pois xa están inscritos máis dunha veintena de negocios” afirma Becerra.
Cultura amplia o horario da Biblioteca grazas ao proxecto “Aulas de Verán 2016”
01/07/2016
-A Biblioteca Municipal abrirá en horario de 16:00 a 22:00 horas polas tardes no mes de xullo.
@salto@
Sada acondiciona o roteiro Costa Doce
27/06/2016
- A brigada de servizos realizou a limpeza e o desbroce do tramo entre Fontán e Punta de San Mamede que está a ser moi utilizado nas ultimas datas. Ademáis os operarios de servizos abriron un camino real que discurre entre Fontán e o mirador da ría existente no roteiro.
Fontán contará cunha senda peonil e unha senda bici
27/06/2016
- As obras a realizar neste proxecto, que estará terminado no mes de xullo para proceder á súa inmediata licitación, contemplan unha franxa vexetal de aproximadamente medio metro de ancho entre unha e outra senda e a colocación de tubaxe na beiravía para a canalización das augas pluviais, que permita a circulación dos peóns e ao mesmo tempo garanta a drenaxe adecuada da estrada.
Sada dota dunha cadeira anfibia a praia de Cirro e instala o posto socorrismo no areal de San Pedro.
23/06/2016
-A Consellería de Sanidade certificou en como “aptas” a calidade das augas dos areais do termo municipal de Sada nas últimas análises, incluída a Praia das Delicias.
Cultura solicita a Patrimonio autorización para acondicionar a Capela de San Roque
22/06/2016
- O técnico municipal que acudiu a realizar o informe a petición do concelleiro de Cultura, o socialista Marcos Villar, apreciou “a deterioración da fachada” e suxire “o arranxo do recebo desprendido, selado de fisuras e pintado de novo.”
A intervención do alcalde cos veciños consegue a dotación de 300 novas prazas de aparcadoiro gratuito para Sada.
20/06/2016
-O alcalde asinou nos últimos días varios convenios cos propietarios de parcelas no centro urbano polos que o Concello consegue 8.500 metros cadrados de espazo libre no centro de Sada que acondicionará como aparcadoiro nos próximos días.
Nacha Pop, La Habitación Roja, Triangulo del Amor Bizarro y The Trunks actuarán en las Fiestas de Sada
20/06/2016
- Este ano combinaranse, o mesmo día, concertos pop-rock na Praza Suárez Picallo con sesións de baile e concertos tradicionais na Carpa Acendida. -O 16 de agosto actuarán xunto á La Habitación Roja os coruñeses Triángulo do Amor Bizarro e os sadenses The Trunks, ambos os grupos chegarán a Sada despois de actuar no Sonorama. -O 17 de agosto celebrarase a segunda edición do UrbanFeel Festival con numerosas actividades de arte urbana, talleres didácticos, exhibicións e concertos.