Subvencións e axudas...

AXENDA

Subvencións e axudas


Sada humaniza o núcleo urbano con máis zonas peonís

Sada humaniza o núcleo urbano con máis zonas peonís

29/10/2018

Sada prima a calidade das zonas peonís o que se nota nas últimas obras no municipio. Desde a concellaría de Obras e Servizos adxudicouse recentemente a obra de mellora de Praciña do Conde, licitáronse os traballos en rúa Ponte, e estase traballando en Cantalarrana e na avenida República Arxentina. Con todo iso o núcleo urbano de Sada busca converterse nun lugar idóneo para os peóns, familias e o comercio de proximidade.

O Ministerio de Enerxía concede 230.000€ ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

O Ministerio de Enerxía concede 230.000€ ao Concello de Sada para proxectos de eficiencia enerxética

24/10/2018

- O goberno local levará ao pleno do próximo xoves un expediente de crédito extraordinario para financiar con cargo ao remanente de tesouraría o 20% restante da financiación dos proxectos para os que solicitou a axuda ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (Idae), dependente do Ministerio de Enerxía e que xestiona fondos europeos Feder.

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático

22/10/2018

Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Sada insta a contratar xa o plan para mellorar a depuración na ría

Sada insta a contratar xa o plan para mellorar a depuración na ría

19/10/2018

A licitación do proxecto para evitar episodios contaminantes no estuario leva aberto once meses e sen avances desde decembro de 2017

O alcalde de Sada, Benito Portela, expresou a súa preocupación polo atraso que acumula a redacción do plan director para mellorar a depuración na ría de Betanzos cun sistema de saneamento en alta na EDAR.

Sada renova o seu compromiso coa educación medioambiental

Sada renova o seu compromiso coa educación medioambiental

17/10/2018

Onte presentouse o Programa Medioambiental nos centros escolares de Sada coa firma dun convenio entre a Reserva da Biosfera Meriñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Concello de Sada que participa a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.

Obradoiro gratuito "A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN"

Obradoiro gratuito "A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN"

10/10/2018

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza o Obradoiro gratuito A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN en colaboración con ManOne Promotion&Social Media, dirixido a persoas emprendedoras e pymes.

Galiña Azul Curso 2018-2019

Galiña Azul Curso 2018-2019

08/10/2018

Actualizado a 8 outubro 2018

Abriuse o prazo para solicitar praza para o próximo curso 2018-2019 na escola infantil A Galiña AZul, o prazo abrangue dende o 10 de marzo ao 9 de abril.

A Carreira da Agua de Sada permite recadar casi 7.000 euros para Unicef

A Carreira da Agua de Sada permite recadar casi 7.000 euros para Unicef

01/10/2018

-A carreira, organizada polo Club Atletismo Sada e a concellería de Deportes de Sada, aportou 6.730 euros, toda a recaudación das inscricións, a UNICEF para o programa Pingas para Níxer.