Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático
22/10/2018
Dirixido a mozos e mozas desempregados de entre 16 e 30 anos curso ten coma obxetivo mellorar a formación e a empregabilidade das persoas participantes empadroadas nos municipios da provincia de A Coruña, desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Sada insta a contratar xa o plan para mellorar a depuración na ría
19/10/2018
A licitación do proxecto para evitar episodios contaminantes no estuario leva aberto once meses e sen avances desde decembro de 2017
O alcalde de Sada, Benito Portela, expresou a súa preocupación polo atraso que acumula a redacción do plan director para mellorar a depuración na ría de Betanzos cun sistema de saneamento en alta na EDAR.
Sada renova o seu compromiso coa educación medioambiental
17/10/2018
Onte presentouse o Programa Medioambiental nos centros escolares de Sada coa firma dun convenio entre a Reserva da Biosfera Meriñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Concello de Sada que participa a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente.
Obradoiro gratuito "A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN"
10/10/2018
A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada organiza o Obradoiro gratuito A túa WEB e o teu BLOG dende a CREACIÓN á PROMOCIÓN en colaboración con ManOne Promotion&Social Media, dirixido a persoas emprendedoras e pymes.
Galiña Azul Curso 2018-2019
08/10/2018
Actualizado a 8 outubro 2018
Abriuse o prazo para solicitar praza para o próximo curso 2018-2019 na escola infantil A Galiña AZul, o prazo abrangue dende o 10 de marzo ao 9 de abril.
A Carreira da Agua de Sada permite recadar casi 7.000 euros para Unicef
01/10/2018
-A carreira, organizada polo Club Atletismo Sada e a concellería de Deportes de Sada, aportou 6.730 euros, toda a recaudación das inscricións, a UNICEF para o programa Pingas para Níxer.
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE VARIOS POSTOS DENTRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL (PIL)
27/09/2018
ACTUALIZADO A 27 DE SETEMBRO 2018.
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE VARIOS POSTOS DENTRO DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL (PIL) DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. Dous postos de oficial de 2ª-albanel - Dous postos de peón - Dous postos de conserxe - Un posto de oficial de 1ª-padexeiro (traballador con pa mecánica) - Un posto de oficial de 2ª-pintor.
Sada adxudica as obras de instalación de novos servizos e pavimentación de Praciña do Conde.
21/09/2018
-A Xunta de Goberno Local adxudicou a actuación en Praciña do Conde á empresa SYR-AMG S.L.U. en 76.668€
@salto@