Participación cidadá...

AXENDA

Participación cidadá


AEDL colabora coa Cruz Vermella no curso de manexo de smartphones para maiores de 55 anos.

AEDL colabora coa Cruz Vermella no curso de manexo de smartphones para maiores de 55 anos.

20/09/2016

Dende a Axencia de emprego e desenvolvemento local estamos a colaborar coa Cruz Vermella de cara a o fomento das TIC´s na poboación maior de 55 anos.

A semana que ven terá lugar o primeiro curso de manexo de smatphones

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

Turismo convoca ao tecido hostaleiro para o Outono de Tapas 2016

20/09/2016

Co gallo da celebración do IV Outono de Tapas, previsto para o mes de novembro, a concellería de Promoción Económica, Turismo e Medioambiente,  convoca ao tecido hostaleiro de Sada a unha xuntanza o vindeiro luns día 26 de setembro, ás 18:00 horas na Capela de San Roque, para expoñer o programa de actuacións que se realizarán respecto de devandito evento e ao mesmo tempo presentar as actividades previstas cara ó vindeiro ano.

MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2016-2017

MATRÍCULA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL CURSO 2016-2017

19/09/2016

Actualizado a 19 de setembro 2016

A Escola Municipal de Música de Sada é un centro de formación musical onde teñen cabida todas aquelas persoas que queiran aprender, coñecer e gozar da música sen límite de idade e sen que sexan necesarias unas aptitudes específicas previas, contribuíndo ao acceso da música participativa.

Sada leva ao Consello Consultivo o expediente de asunción de competencias impropias para facer fronte aos gastos do CEIP O Mosteirón.

Sada leva ao Consello Consultivo o expediente de asunción de competencias impropias para facer fronte aos gastos do CEIP O Mosteirón.

17/09/2016

-"O que temos claro, sinala o alcalde de Sada Benito Portela, e que esto non pode seguir así e ou ben pagamos nos, ou ben paga a Xunta. Pero que o faga xa. Desde a entrada deste goberno queremos dar unha solución ao problema de Mosteirón pero sempre atopámonos coas trabas da Xunta".

O goberno de Sada quere transmitir o seu pesar polo pasamento de Manuel Couzo, Fillo Predilecto do noso Concello

O goberno de Sada quere transmitir o seu pesar polo pasamento de Manuel Couzo, Fillo Predilecto do noso Concello

12/09/2016

"Aínda que lonxe de nós e da súa terra, o Concello de Sada, co alcalde Benito Portela á cabeza, quere mostrar as súas condolencias pola perda de alguén tan querido para a colectividade sadense e galega na Arxentina. Sirvan estas palabras para lembrar aos que como Manuel Couzo tanto traballaron lonxe de Sada polos veciños e veciñas emigrados a través das asociacións como o Centro "Sada e Contornos" en Buenos Aires. As nosas condolencias e o noso máis sentido pésame”. Con estas palabras o Concello de Sada mostraba as súas condolencias o pasado sábado pola morte de Manuel Couzo Bermúdez anunciado desde a Arxentina.

Portela logra en Madrid o compromiso do Ministerio de Medio Ambiente para continuar co proxecto da rexeneración da praia.

Portela logra en Madrid o compromiso do Ministerio de Medio Ambiente para continuar co proxecto da rexeneración da praia.

07/09/2016

- O alcalde de Sada, Benito Portela, reuniuse onte coa directora xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, Raquel Orts, para interesarse polo proxecto ambiental na ría do Pedrido, Fase I praia de Sada que debería comenzar a executarse o pasado mes de xullo e que se realizará finalmente durante o ano 2017.

Convocatoria para a formación dunha listaxe de persoas para a provisión interina de prazas de Educador/a Social

Convocatoria para a formación dunha listaxe de persoas para a provisión interina de prazas de Educador/a Social

12/08/2016

ACTUALIZADO A 11 XANEIRO 2017

O Concello de Sada abre a convocatoria para a formación dunha listaxe de persoas para a provisión interina de prazas de Educador/a Social.

Festas de Sada 2016

Festas de Sada 2016

09/08/2016

Descarga eiqui o programa das Festas de Sada 2016.

Programa