Sada presenta os orzamentos do 2017 con aumentos nas áreas de emprego, educación, servizos sociais e servizos básicos.
30/03/2017
-O orzamento do ano 2017, que se presenta hoxe a pleno, aumenta un 6,7% con respecto ao do ano anterior quedando en 12.156.880€.
@salto@
Consellos Sectoriais de Sada - Proposta de Participación Veciñal
30/03/2017
O presente documento recolle a proposta de creación dos Consellos Sectoriais de Sada, atendendo ao aportado polas persoas participantes nas primeiras accións do proceso.
Documento dos Consellos Sectoriais de Sada - Proposta de Participación Veciñal
Emprego de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio organiza formación específica de Carretilleiro/a e Escaparatismo
22/03/2017
A concellería de Emprego do Concello de Sada en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza formación dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 125 horas.
Sada únese ao programa APEGO para fomentar o uso do galego desde os primeiros anos de vida
21/03/2017
-Os municipios coruñeses de Sada e Cee, a cidade de Lugo, as localidades pontevedresas de Nigrán, Ponteareas e Vilagarcía e o concello ourensán do Carballiño, adheríronse ao programa 'Apego', e pasan a unirse ás outras 23 xa incorporadas a este programa. Con iso, xa forman parte de 'Apego' as sete grandes cidades galegas e "as principais áreas urbanas" de Galicia.
O goberno municipal executará as primeiras melloras na rúa Posse, pendentes desde fai un lustro
15/03/2017
O proxecto de reordenación ascende a 74.000 euros e inclúe a unión de rúas e a renovación das luminarias e o pavimento.
Sada, 15 marzo 2017
Sada “humanizará” a Praciña do Conde para integrala na contorna.
15/03/2017
A Concellaría de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, proxecta intervir na Praciña do Conde, onde se substituirán e ampliarán as redes de servizos e as súas acometidas, e renovaranse as pavimentaciones coa idea de humanizar a contorna e integralo na contorna.
Provisión temporal de Técnico Administración Xeral a través de comisión de servizos
14/03/2017
Actualizado a 14 marzo 2017
Provisión temporal de Técnico Administración Xeral a través de comisión de servizos
Emprego organiza un curso gratuito de preparación de competencias clave
13/03/2017
Calquera persoa que non teña o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou estudios homologados é candidata a preparar as competencias clave que lle abrirán as portas para acceder á formación ocupacional e aos obradoiros de emprego, en concreto aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.