Presentación en Sada dos actos de celebración do terceiro aniversario da Reserva da Biosfera
12/05/2016
- No acto celebrado esta mañá no Salón de Plenos do Concello falaron o alcalde de Sada, Benito Portela, o presidente da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas Terras do mandeo, José Antonio Santiso Miramontes, e o director do CEIDA, Carlos Vales. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Turismo de Sada, Liss Suárez Becerra, e o xestor da Reserva Biosfera, Jorge Blanco.
Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos.
06/05/2016
Estamos a iniciar o deseño e elaboración da Estratexia Leader 2014-2020 para o territorio Mariñas Betanzos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
Sada sede dos actos de celebración do terceiro aniversario da Reserva da Biosfera
04/05/2016
- Os actos que se celebran no Concello de Sada, a petición da concellaría de Promoción Económica e Turismo na Xunta Directiva da Asociación Mariñas-Betanzos, desenvolveranse no mes de maio con motivo do III Aniversario do recoñecemento pola UNESCO deste territorio como Reserva Mundial da Biosfera.
Aplicacións de Google, iniciación á informática, elaboracións de presentacións ou procesador de textos, entre os novos cursos da red CeMIT de Sada
02/05/2016
-Desde a Concellería de Urbanismo e Emprego se informa que aínda quedan prazas dispoñibles nalgún dos seis cursos que o centro de Sada programa.
-As persoas interesadas en apuntarse poderán inscribirse nos cursos a través da aplicación XEA (Xestion de aula) co seu usuario e contrasinal ou acudir ao aula sita na Praza da Pescadería para que o axente TIC axúdelles a matricularse.
Unha frase de Neiras Vilas gañadora do concurso do Dóa do Libro da Biblioteca Municipal.
29/04/2016
-“Todo está en querer, a vontade e a forza de moitos pode arrincarlle zume ás pedras” a frase do libro Querido Tomás de Neira Vilas pasará a decorar as paredes da biblioteca nun vinilo deseñado polo ilustrador David Prieto.
Mañá remata o prazo para presentar os selfies de “Sada Lee”.
28/04/2016
-As bases da actividade sinalan que na categoría de selfies cos personaxes literarios que estiveron polas rúas de Sada o pasado 23 de abril, Día do Libro, poderanse presentar un máximo de catro fotos, unha por personaxe á dirección omixsada@gmail.com até o 29 de abril.
Sada coloca no Paseo Marítimo as mans de Neira Vilas coincidindo co Día do Libro
25/04/2016
- O Concello de Sada colocou no Paseo da Fama as mans do escritor galego, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro.
- “Entendemos que o compromiso adquirido merecía un día singular para a súa colocación” sinalan desde o goberno local.