Participación cidadá...

AXENDA

Participación cidadá


Resultado Eleccións ao Congreso 26 Xuño 2016

Resultado Eleccións ao Congreso 26 Xuño 2016

27/06/2016

Achegamos a tabla de resultados das Eleccións ao Congreso do 26X por mesas electorais de Sada

Descargar Tabla

Fontán contará cunha senda peonil e unha senda bici

Fontán contará cunha senda peonil e unha senda bici

27/06/2016

- As obras a realizar neste proxecto, que estará terminado  no mes de xullo para proceder á súa inmediata licitación, contemplan unha franxa vexetal de aproximadamente medio metro de ancho entre unha e outra senda e a colocación de tubaxe na beiravía para a canalización das augas pluviais, que permita a circulación dos peóns e ao mesmo tempo garanta a drenaxe adecuada da estrada.

A intervención do alcalde cos veciños consegue a dotación de 300 novas prazas de aparcadoiro gratuito para Sada.

A intervención do alcalde cos veciños consegue a dotación de 300 novas prazas de aparcadoiro gratuito para Sada.

20/06/2016

-O alcalde asinou nos últimos días varios convenios cos propietarios de parcelas no centro urbano polos que o Concello consegue 8.500 metros cadrados de espazo libre no centro de Sada que acondicionará como aparcadoiro nos próximos días.

200 escolares aprenden seguridade viaria nun circuíto instalado no Paseo Marítimo de Sada.

200 escolares aprenden seguridade viaria nun circuíto instalado no Paseo Marítimo de Sada.

20/06/2016

- Os participantes aprenderon como circular por unha rotonda, normas na cesión de paso, sinalización vertical e horizontal ou  o  funcionamento dos vehículos de emerxencia e seguridade.

Sada recupera o San Xoan por barrios con lumeiradas na praia

Sada recupera o San Xoan por barrios con lumeiradas na praia

16/06/2016

Cóntanos de que barrio es e dicímosche en que parte da praia das Delicias teredes a vosa lumeirada. 

"Antes facíase unha ruta para ver as diferentes fogueiras dos barrios», di o edil de Cultura de Sada, Marcos Villar, para explicar por que este ano se marcaron como obxectivo para este San Xoan recuperar esa tradición, aínda que se centralizará todo na praia das Delicias. Alí distribuirase a madeira que cada barrio pode utilizar para crear a súa propia lumeirada e agrupar ao redor dela aos seus veciños.

Sada sumase á dor das vítimas de Orlando e expresa a súa repulsa por un crime homófobo

Sada sumase á dor das vítimas de Orlando e expresa a súa repulsa por un crime homófobo

14/06/2016

O Concello de Sada convocou unha concentración  o pasado martes 14 de xuño  na Praza de San Roque na que se gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado de Orlando, e en mostra de solidariedade coas vítimas e con toda a comunidade LGTB. O ataque, que tivo lugar o pasado domingo nun club nocturno en Orlando (Florida), acabou coa vida de 50 persoas e deixou a outras 53 feridas. Sada sumase á dor das vítimas de Orlando e expresa a súa repulsa por un crime homófobo onde unha vez máis o colectivo LGTB sofre o odio e a homofobia pola súa condición sexual.

II Batalla de Bandas Sada Rock

II Batalla de Bandas Sada Rock

13/06/2016

O Concello de Sada a través da Concellería de Cultura e Praias organiza un concurso de Bandas de Música Rock con vocación de fomentar a cultura en xeral e a música en particular, difundindo e promocionando as creacións de bandas de diferentes estilos e apoiando á escena musical local.

Curso de Técnicas de Información e Atención á Clientela

Curso de Técnicas de Información e Atención á Clientela

07/06/2016

A Concellería de Emprego do Concello de Sada, impulsa unha acción formativa de Atención á Clientela, para persoas desempregadas do municipio. Dita acción formativa, enmárcase dentro do programa do Plan de Formación Municipal para o Emprego 2016 do Concello.