CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN
16/04/2021
ACTUALIZADO A 24/02/2020 -Modificación do tribunal e desenvolvemento do 1º exercicio do PS
É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala de xestión, pertencente ao Grupo A, subgrupo A2, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016 (BOP núm. 148, do 5-8-2016) adscrita aos Servizos Económicos municipais.
Escolares de Sada crearán o Bosque dos Bosquexos no parque infantil de As Brañas
16/04/2021
Alumnado do CEIP Sada e Contornos creará o sábado 17 de abril coas súas pinturas o Bosque dos Bosquexos nas árbores do parque infantil de As Brañas
Sada, 16 abril 2021.
CENTENARIO DE CARMEN ARIAS DE CASTRO ”MIMINA"
15/04/2021
Hoxe cúmprense cen anos do nacemento de Carmen Arias de Castro, “Mimina”, figura senlleira e fundamental na historia da Galiza do século XX. Como filla adoptiva de Sada, o Concello quere poñer de manifesto o recoñecemento unánime á súa persoa e procederá á lectura e á aprobación dunha declaración institucional a ela referida no pleno deste mes de Abril.
PREMIOS BOOKSTAGRAMERS SADA 2021
15/04/2021
CONCURSO DE VÍDEOS DE RECOMENDACIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA RAMÓN SUÁREZ PICALLO DE SADA
BASES PREMIOS BOOKSTAGRAMERS 2021
Tres zonas de baño das praias de Sada acadan a calificación de excelente
14/04/2021
A Xunta de Galicia ven de informar da clasificación sanitaria final das zonas de baño, vixente para a tempada 2021, onde os areais de Arnela, Cirro e San Pedro acadan a máxima calificación.
Sada crea o Catálogo de Artistas locais
13/04/2021
O Concello de Sada, a través da concellería de Cultura, pon a disposición de todas aquelas persoas do municipio que traballen nas artes escénicas, danza, escultura, música, literatura, fotografía ou calquera outra disciplina artística, o Catálogo de Artistas co obxectivo de recoller información do noso tecido artístico, potencialo e poñelo en valor.
CONVOCATORIA BOLSA PARA POSTOS DE OPERARIO DA BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS
12/04/2021
Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de operario; en todo aquilo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020.
Sada apoia cofinaciar co Fondo Galego catro proxectos de ONGD galegas en Centroamérica e na India
08/04/2021
- A asociación de concellos e deputacións, entre os que se atopa o Concello de Sada, tamén aprobou o Plan de Actividades 2021 na Asemblea Xeral celebrada hoxe coincidindo co Día Mundial da Saúde