Sada dotará de servizo de distribución de auga varios camiños da parroquia de Osedo
18/01/2021
Actualmente a licitación está en fase de valoración sendo o orzamento da actuación de 136 439,98 euros.
Sada, 11 xaneiro 2021.
“A Nave Espacial” un novo espazo multiusos no Paseo Marítimo de Sada
17/01/2021
Todo xira arredor de Isaac Diaz Pardo no novo espazo. O artista local Javier Bermudez transformou o exterior do edificio cunha homenaxe ao intelectual galego no 100 aniversario do seu nacemento e o Concello de Sada opta por denominar a construcción “A Nave Espacial”, tanto pola súa forma como polo título e tipografía dun folleto editado no 1964 que conten os debuxos de Isaac.
Sada recibirá case un millón de euros a través do Plan Único Provincial
14/12/2020
O Concello de Sada recibirá un total de 913.394 € como asignación inicial do Plan Único da Deputación, dos que máis de 160.000 euros se destinarán a gasto social extraordinario. Os proxectos do goberno municipal para a nova convocatoria do plan foron un dos eixos centrais da reunión que mantiveron onte o vicepresidente e deputado de Plans da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, co alcalde de Sada, Benito Portela.
O Goberno de Sada leva a Pleno a aprobación do Convenio coa Xunta de Galicia para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior
26/11/2020
A Xunta de Galicia estima que o custo total do proxecto e das obras será de 1.575.000 euros. Sada achegará un total de 1.075.000 euros, dos que 378.000 euros corresponden á subvención nominativa aprobada pola Deputación da Coruña no último Pleno da institución provincial. Pola súa banda, Augas de Galicia achegará 500.000 euros ao convenio.
CONVOCATORIA BOLSA PARA POSTOS DE OPERARIO DA BRIGADA DE OBRAS E SERVIZOS
25/11/2020
Proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de interinos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario, así como para substitucións por vacacións ou permisos do persoal coa categoría de operario; en todo aquilo que non estea previsto nas “BASES XERAIS PARA ELABORAR BOLSAS DE EMPREGO CON CARÁCTER INTERINO PARA POSTOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DO CONCELLO DURANTE O 2020”, aprobadas por Resolución de Alcaldía de data 29 de xaneiro de 2020.
Sada acondiciona as instalacións deportivas municipais das parroquias.
24/11/2020
-Nunha primeira fase a Concellaría de Educación e Deportes executará actuacións nas pistas deportivas de Meirás, O Castro, Veigue e na de baloncesto do Paseo Marítimo de Sada.
Sada apúntase á calistenia
18/11/2020
O Concello instalará dous módulos na zona do paseo para as persoas que queiran exercitarse, unha demanda que se avivou desde a pandemia
Sada, 18 novembro 2020
Sada cambiará toda a rede de pluviais desde Fontán até a Avenida do Porto
18/11/2020
A licitación que finaliza o 18 de novembro ten un orzamento de 225.367,76 euros (ive incluído)
As obras servirán para separar a canalización de pluviais e saneamento no Camiño do Cemiterio evitando que as augas pluviais cheguen á rede de saneamento, e finalmente á estación de tratamento.