A Deputación da Coruña compromete apoio técnico e económico ao Concello de Sada
31/03/2016
O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, visitou hoxe o concello de Sada e percorreu xunto ao alcalde, Benito Portela, as zonas inundadas no día de onte.
Sada despraza todos os seus efectivos de emerxencias á zona de inundacións
30/03/2016
As choivas constantes que se produciron nas últimas 24 horas sumadas á pleamar desta madrugada e ao gran caudal de auga que trasladan os ríos que desembocan en Sada formaron grandes balsas de auga no centro urbano, concretamente na zona de cálea Lagoa, rúa Culleredo, rúa Venezuela, na zona de Riobao, en O Castro (que houbo un desprendemento), tamén nas parroquias de Mondego e Mosteirón.
O goberno municipal de Sada solicita a mellora do camino da Lagoa en Mondego
28/03/2016
-As obras previstas levaránse a cabo no camiño de titularidade municipal de A Lagoa que posee canalizacións de pluviais en cuneta aberta pero conta con tramos sen o peralte axeitado polo que as augas pluviais circulan sobre o camino o que provoca o seu deterioro a tódolos niveis.
Sada aproba o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal da súa historia
18/03/2016
- O documento presentado polo goberno municipal logra a maioría absoluta do Pleno da Corporación inda que cos votos en contra do Partido Popular..
-O documento será remitido agora á consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.
Benito Portela anuncia que a PXOM mellorará a accesibilidade e seguridade da contorna do centro de ASPACE
15/03/2016
A conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, visitou onte as instalacións de Aspace en Sada onde estivo acompañada do alcalde de Sada, Benito Portela, o portavoz do Partido Popular en Sada e responsables desta entidade que atende a persoas con parálise cerebral.
O goberno municipal espera que o PXOM se aprobe por unaminidade
13/03/2016
- O goberno municipal pide madurez política para conseguir, dunha vez por todas, un documento urbanístico para o Concello de Sada
- O goberno municipal agarda que visto e estudado o expediente por todos os grupos políticos e visto que os cambios son para mellorar o PXOM existente, este sexa aprobado por unanimidade de toda a corporación.
O goberno local analizará cos veciños o proxecto para ensanchar a estrada de Castelo a Carnoedo
23/02/2016
O proxecto, xa adxudicado, que se vai a levar a cabo na estrada DP-7504, que une Castelo con Carnoedo e do que se fai cargo a Deputación como titular da infraestrutura, será exposto aos veciños e propietarios das leiras por onde discorre o camiño co fin de introducir melloras de face a favorecer a seguridade viaria na zona.
Obras e Servizos mellora o proxecto de humanización da rúa Oleiros
19/02/2016
-A obra inicial, proxectada no 2014, non contemplaba o empedrado na parte final da rúa, no seu entroncamento coas Brañas, polo que desde a concellaría de Obras e Servizos contratouse a humanización dese tramo.