Formación...

AXENDA

Formación


Dous desfibriladores para o campo de fútbol e a Casa dá Cultura

Dous desfibriladores para o campo de fútbol e a Casa dá Cultura

15/12/2016

O Concello de Sada, a través da concellaría de Deportes, adquiriu dous desfibriladores semiautomáticos para instalar en dous puntos de especial actividade e tránsito e dar resposta a unha vella demanda de veciños e entidades, xa que até o momento non existe ningunha dependencia municipal que dispoña deste dispositivo electrónico destinado a situacións de parada cardiorrespiratoria.

Sada remata os actos contra a violencia de xénero coa representación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo

Sada remata os actos contra a violencia de xénero coa representación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo

07/12/2016

A concellería de Benestar e Igualdade remata este venres coas actividades programadas na campaña contra a violencia de xénero coarepresentación teatral "Lazos de vida" dirixida polo escritor sadense Antonio Hidalgo, e que conta coa colaboración de Pepe Piña, músico e cantautor.

A concellería de Educación licitou a prolongación da marquesiña do colexio Pedro Barrié de Mondego para lograr a  cubrición completa da entrada principal.

A concellería de Educación licitou a prolongación da marquesiña do colexio Pedro Barrié de Mondego para lograr a cubrición completa da entrada principal.

01/12/2016

-“Se trata, sinala a concelleira socialista Raquel Bolaño, do compromiso adquirido por min coa comunidade escolar e que consiste na continuación da pasarela-corredor, unindo neste caso as dúas portas de entrada por onde entran os escolares.”

Benestar mellora a escola infantil Flora Ramos con máis seguridade e con dispositivos para implantación novas tecnoloxias.

Benestar mellora a escola infantil Flora Ramos con máis seguridade e con dispositivos para implantación novas tecnoloxias.

30/11/2016

-As obras realizadas durante todo este ano na Escola Infantil Flora Ramos levaronse a cabo con cargo a unha partida de 15,000€, que a concelleira nacionalista de Benestar e Igualdade, Isabel Reimundez, habilitou no orzamento do 2016 para realizar diversas reformas e melloras nos edificios das competencias da propia concellaría.

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL POSTO DE ANIMADOR/A DE TEMPO LIBRE

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL POSTO DE ANIMADOR/A DE TEMPO LIBRE

22/11/2016

ACTUALIZADO A 22 DE NOVEMBRO DE 2016

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DO POSTO DE ANIMADOR/A DE TEMPO LIBRE.

A concellería de Benestar e Igualdade programa diversos actos para conmemorar o 25 de novembro.

A concellería de Benestar e Igualdade programa diversos actos para conmemorar o 25 de novembro.

22/11/2016

A concellería de Benestar e Igualdade, xestionada pola nacionalista Isabel Reimundez, conmemora o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, desenvolvendo varias actividades dirixida a sensibilizar á poboación respecto da situación de violencia na que viven moitas mulleres. 

A Fundación Barrié selecciona o proxecto “Illa Fantasía” para participar na V Convocatoria de Proxectos Escolares

A Fundación Barrié selecciona o proxecto “Illa Fantasía” para participar na V Convocatoria de Proxectos Escolares

20/11/2016

- O proxecto Illa Fantasía, único seleccionado na provincia da Coruña (os outros corresponden a Pontevedra e Ourense), participou na modalidade de Intercentros.

- "Este curso o proxecto continuou crecendo grazas ao traballo e a implicación do profesorado e nél xa participan centros escolares doutros municipios, sinala Raquel Bolaño, neste senso compre agradecer tamén a implicación  das áreas de educación dos concellos de Culleredo e Betanzos que están a apoiar aos seus respectivos colexios nesta iniciativa"

Xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

Xornadas de elaboración da Estratexia de desenvolvemento local da zona pesqueira GALP Golfo Artabro Sur

16/11/2016

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro do Golfo Ártabro Sur, está elaborando a Estratexia de Desenvolvemento Local da zona pesqueira para o período de programación 2014-2020 do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.