CONVOCATORIA AXENTE DA TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN
12/04/2016
Convocatoria pechada
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun posto de axente da tecnoloxía da información e da comunicación
Participa na celebración do Día do Libro con a túa frase literaria favorita
08/04/2016
Dende a Concellería de Cultura, e máis en concreto dende a Biblioteca Municipal Suárez Picallo, queremos convidarlle a participar un ano máis na campaña de difusión e apoio á lectura que se levará a cabo o vindeiro sábado 23 de abril con motivo da celebración do Día do Libro.
Educación informa das axudas do programa de Inmersión Lingüistica
07/04/2016
A Concellaría de Educación, Xuventude e Saude do Concello de Sada, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, informa que está aberto o prazo para solicitar as axudas do programa de Inmersión Lingüistica que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Teño unha pregunta para o alcalde
17/03/2016
-Escolares do CEIP Pedro Barrié da Maza de Mondego charlan co alcalde, Benito Portela, no parque infantil do Paseo Marítimo dentro do proxecto que os levou onte, xunto cos seus mestres, a realizar unha ruta polas rúas de Sada.
As rúas de sada serven para tomar conciencia das desigualdades de xénero
11/03/2016
Seguindo coas celebracións do Día da Muller, a concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, programa diversas actividades na búsqueda da concienciación sobre o desequilibrio de xénero presente na nosa sociedade e lembrando que os nosos dereitos e oportunidades están ao alcance de toda a cidadanía sen diferenciación algunha por razón de xénero.
Homenaxe aos campións de taekwondo
04/03/2016
Sada homenaxeou aos deportistas do Natural Sport de Taekwondo que nas últimas semanas conseguiron medallas en diferentes torneos de categoría nacional e europea.
No Salón de Plenos do Concello o alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Deportes, Zeltia García, entregaron unha carta de recoñecemento ao Natural Sport Sada e aos deportistas Iker García, Miguel Orro, Sofía Pérez, José Real, Natalia Pérez, Carlos Jiménez, Talía Yu Celada e José Fernández. Tamén se homenaxeou ao club Natural Sport Sada
Curso de monitor de fútbol base en Sada
04/03/2016
O alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de deportes, Zeltia García, presentaron xunto ao presidente do Raio Sadense, Jesús Lestón, e ao representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, o curso de monitor de fútbol basee que se realizará en Sada do 15 de marzo ao 23 de maio.