8M en Sada - Día Internacional da Muller 2021
02/03/2021
A Concellería de Benestar e Igualdade programa diversas actividades e actos para o Día Internacional da Muller
- 4 E 5 DE MARZO: PRESENTACIÓN PLAN IGUALDADE
CONCURSO FOTOGRÁFICO "MERGÚLLATE CO 8M"
02/03/2021
En conmemoración co 8M: día internacional da muller, a Concellería de Benestar e Igualdade inclúe na súa programación de actividades e actos “Mergúllate co 8M”, un concurso de fotografía orientado a toda a poboación.
CERTAME MICRORRELATOS E CÓMIC/VIÑETA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
25/02/2021
Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, 8 MARZO 2.021, xornada para reivindicar os dereitos e a igualdade de oportunidades así como denunciar as desigualdades e a violencia que veñen sofrindo as mulleres ó longo da historia, REDE FEMINISTA SADENSE, coa colaboración do Concello de Sada convoca un CERTAME de MICRORRELATOS E COMICS/VIÑETAS baixo o lema “TI PODES E EU TAMÉN. TODXS TEMOS VOZ”
MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO
17/02/2021
Desde esta pasada medianoite están en vigor as novas medidas publicadas no DOG o pasado 15 de febrero. En consecuencia coas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia o Concello de Sada informa das restriccións que están en vigor e as medidas municipais que rexirán a partir de hoxe
Sada organiza o Entroido Virtual 2021
09/02/2021
A Concellería de Cultura organiza o concurso do Entroido Virtual de Sada 2021, motivado pola situación de pandemia e para non perder a tradición do Entroido na nosa localidade.
Bases Entroido Virtual Sada 2021
Sada pecha parques infantís, pistas polideportivas e zonas de esparcemento público
19/01/2021
O goberno municipal tamén acordou na reunión de onte a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.
As medidas do Concello de Sada terán efecto desde hoxe martes 19 de xaneiro e serán complementarias coas anunciadas pola Xunta de Galicia para os Concello en nivel máximo, nivel que o Comite Clínico decidiu na noite de onte incluir a Sada.
“A Nave Espacial” un novo espazo multiusos no Paseo Marítimo de Sada
17/01/2021
Todo xira arredor de Isaac Diaz Pardo no novo espazo. O artista local Javier Bermudez transformou o exterior do edificio cunha homenaxe ao intelectual galego no 100 aniversario do seu nacemento e o Concello de Sada opta por denominar a construcción “A Nave Espacial”, tanto pola súa forma como polo título e tipografía dun folleto editado no 1964 que conten os debuxos de Isaac.
Magos de Oriente interactivos en Sada
18/12/2020
A actividade, pensada para as familias, componse de tres rutas: a de Melchor, a de Gaspar e a de Baltasar, onde se irán sucedendo pistas a través de códigos QR, para poder contestar as preguntas que dan acceso aos agasallos que entregarán os paxes dos Reis Magos, á vez que os/as nenos/as lles entregan as cartas.