8M en Sada - Día Internacional da Muller 2021
02/03/2021
A Concellería de Benestar e Igualdade programa diversas actividades e actos para o Día Internacional da Muller
- 4 E 5 DE MARZO: PRESENTACIÓN PLAN IGUALDADE
Sada aproba a licitación por procedemento aberto do servizo da Escola Infantil por importe de 2.130.000 euros.
26/02/2021
Esta nova licitación prodúcese logo de que se declarase deserta a anterior licitación. Desde o goberno municipal entenden que este servizo é totalmente necesario máis en tempos como o que estamos a pasar de pandemia polo COVID19 xa que promove o carácter plenamente educativo do primeiro ciclo da Educación Infantil (nenos/as de 0 a 3 anos) contribuindo ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos e respondendo ás necesidades das familias, contribuíndo á conciliación da vida laboral e persoal.
Concello e empresas de Sada apoian as reivindicacións do persoal do Consorcio Galego de Benestar
25/02/2021
Representantes das traballadores reuníronse no Concello co alcalde e concelleiras de Benestar e de Emprego e visitaron empresas locais na búsqueda de apoios ás súas demandas.
CERTAME MICRORRELATOS E CÓMIC/VIÑETA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
25/02/2021
Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, 8 MARZO 2.021, xornada para reivindicar os dereitos e a igualdade de oportunidades así como denunciar as desigualdades e a violencia que veñen sofrindo as mulleres ó longo da historia, REDE FEMINISTA SADENSE, coa colaboración do Concello de Sada convoca un CERTAME de MICRORRELATOS E COMICS/VIÑETAS baixo o lema “TI PODES E EU TAMÉN. TODXS TEMOS VOZ”
Sada reforza os servizos sociais con 160.000 euros
03/02/2021
O goberno municipal proporá ao Pleno da Corporación incluir dentro da solicitude do POS+ ADICIONAL 1/2021 unha partida de 162.527,62 euros para o financiamento de gastos sociais extraordinarios.
Sada solicita un cribado masivo da súa poboación
25/01/2021
O Concello de Sada solicita tamén á Xunta que os SAF municipais sexan incluídos nas vacinacións prioritarias
Sada, 25 xaneiro 2021
Sada pecha parques infantís, pistas polideportivas e zonas de esparcemento público
19/01/2021
O goberno municipal tamén acordou na reunión de onte a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.
As medidas do Concello de Sada terán efecto desde hoxe martes 19 de xaneiro e serán complementarias coas anunciadas pola Xunta de Galicia para os Concello en nivel máximo, nivel que o Comite Clínico decidiu na noite de onte incluir a Sada.
Actividades de Conciliación Nadal 2020
19/12/2020
A Concellaría de Educación e Deporte programa diversas actividades de conciliación para o período de Nadal. O Concello de Sada pretende desta forma atender a demanda individual de lecer educativo, así como as necesidades de conciliación das familias sadenses.