Urbanismo e Emprego organiza un novo curso de Manipulardor de Alimentos ante o gran número de persoas interesadas no mesmo

02 / XUN / 2017

Urbanismo e Emprego organiza un novo curso de Manipulardor de Alimentos ante o gran número de persoas interesadas no mesmo

O Concello de Sada a través da concellería de urbanismo e Emprego que xestiona Francisco Montouto, organiza un curso de manipulación de alimentos de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral.

Sada 2 de xuño 2017

O obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010) que está vixente na actualidade, e serve para concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos, para coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias, para saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos, para realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalacións.

Asemade no curso se indicará como levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta e se avanzará en adquirir os coñecementos básicos da Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo

Data e hora do curso: mércores 7 de xuño de 2017 de 10:00 a 13:00 horas

Lugar: Sala de conferencias do local da OMIX, Praza da Pescadería, s/n

Duración: 3 h.

Custo: GRATUITO, integramente subvencionado pola concellería de Urbanismo e Emprego.

Título: Certificado de manipulador de alimentos con carácter permanente.

Para inscribirte ao curso, só tes que cubrir o seguinte formulario: Formulario

Ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 981.620.075

Prazo ata o luns 5 de xuño ás 14:00 h.

Arquivado en