Un total de 14 concellos súmanse á campaña "En negro contra a violencia" que tinguirá de negro os escaparates dos establecementos

31 / OUT / 2016

Un total de 14 concellos súmanse á campaña "En negro contra a violencia" que tinguirá de negro os escaparates dos establecementos

"Propoñemos, sinala Reimundez, vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Sada, indica por carta a concelleira aos comercios, e sodes o gran escaparate que pode transmitir a cidadania a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Sada libre de violencia". 

Sada, 31 outubro 2016.


O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar á poboación respecto da situacion de violencia na que viven moitas mulleres. Na última década, 42 mulleres foron asasinadas en Galicia e un total de 656 no conxunto do estado.

Desde a Concellaría de Benestar Social e Igualdade consideran que a actual situacion require dunha resposta unanime de toda a sociedade pondo de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.

Para iso a concelleira anima ao sector do comercio a implicarse na conmemoracion do 25 de novembro que o programa "Sada en negro".

"Propoñemos, sinala Reimundez, vestir de loito a nosa vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. Porque consideramos que tedes o protagonismo das rúas de Sada, indica por carta a concelleira aos comercios, e sodes o gran escaparate que pode transmitir a cidadania a mensaxe de denuncia e solidariedade: queremos Sada libre de violencia".

En relación aos comercios e locais de hostalaría desde a concellaría de Benestar Social animan a que do 18 ao 28 de novembro, vistan a súa tenda, comercio, empresa, bar, posto do mercado, etc. de negro, "viste os maniquís, os manteis do teu restaurante, ou mesmo vístete ti de negro, nós enviarémosche carteis e informacion que tamén compartiremos nas redes sociais?, firma Reimundez.

Esta campaña desenvolverase conxuntamente con outras vilas e cidades galegas co obxectivo de pór sobre as axendas, coa maior contundencia posible e dunha vez por todas, a violencia machista como un problema público, de todas e de todos.

Na carta que se enviou a máis de 300 establecementos sinalan que para participar os locais interesados so ten que chamar ou enviar un SMS ou Whatsapp ao número de teléfono 608 48 48 81 ou enviar un correo electronico a sadaennegro@gmail.com cos datos do establecemento (nome e dirección) e da persoa de referencia (nome e teléfono). As inscricións recolleranse até o 3 de novembro.

A Coruña, Ames, Cangas, Carballo, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Teo, Tui, Vilalba e Zas son os 14 concellos que se suman á campaña impulsada o ano pasado desde Santiago para concienciar sobre a secuela das violencias machistas e que levaba por nome "Compostela en negro".

Na presentaicón estiveron presentes os e as representantes de 8 dos 14 concellos que se sumaron este ano a Compostela. Luisa Feijóo, concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Ames; María Carmen Ures, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo; Saínza Ruíz, concelleira de Servizos Sociais, Mocidade e Muller do Concello de Ferrol; Isabel Reimúndez, concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Sada; Ignacio Igrexas, concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal do Concello de Teo; Manuel Muíño, alcalde do Concello de Zas; Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Educación e Igualdade do Concello de Ribadeo e María do Carme Fouces, concelleira de Educación, Igualdade e Servizos Sociais do Concello de Pontevedra.

Arquivado en