Un mar de vida para a cidadanía: Traballando polo turismo responsable no Golfo Ártabro

12 / NOV / 2018

Un mar de vida para a cidadanía: Traballando polo turismo responsable no Golfo Ártabro

Seminario organizado polo CEIDA coa colaboración do GALP Golfo Ártabro Norte e GALP Golfo Ártabro Sur e o Concello de Sada a través da concellería de Medio Ambiente e Turismo.

Información do Seminario

Esta mañá o alcalde de Sada, Benito Portela, e o concelleiro de Turismo, Liss Suárez Becerra, estiveron presentes na inauguración do seminario "Un mar de vida para a cidadanía: Traballando polo turismo responsable no Golfo Ártabro" organizado polo CEIDA, en colaboración do GALP Golfo Ártabro Norte e GALP Golfo Ártabro Sur, e o apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa Pleamar, e o Concello de Sada a través da concellería de Medio Ambiente e Turismo.

O Seminario Técnico "Un mar de vida para a cidadanía: Traballando polo Turismo responsable do Golfo Ártabro" é unha actividade, destinada principalmente os/as profesionais do sector turístico vinculado ao litoral, que pretende dar a coñecer a biodiversidade do Golfo Ártabro e os servizos que ofrece á sociedade, sensibilizar na compatibilización das actividades turísticas co patrimonio natural, presentar experiencias e exemplos de boas prácticas, así como identificar oportunidades para o desenvolvemento dun turismo sustentable no litoral deste territorio.

 

Programa

  • 9.45 h. Recepción de participantes y entrega de material.

  • 10.00 h. Inauguración.

  • 10.15 h. La biodiversidad y servicios de los ecosistemas en el Golfo Ártabro. El proyecto “Un mar de vida para la ciudadanía”. Sergio París, CEIDA.

  • 11.00 h. Ejemplos de buenas prácticas:

    • Dinamización de la anguila de Xubia, Xosé Gómez Fandiño, Concejal de Promoción Económica, Ayuntamiento de Narón.
    • Turismo naútico sostenible: valorización económica y patrimonial del territorio. Pablo Mariño, Director de Bluscus, Turismo Marinero.
    • Buenas prácticas ambientales en empresas turísticas: reducción y tratamiento de residuos. Ramón Plana, consultor en tratamientos biológicos de residuos urbanos.

     

  • 12.00 h. Pausa Café.

  • 12.30 h. Taller: Oportunidades para el desarrollo de un turismo sostenible en el Golfo Ártabro.

  • 14.00 h. Clausura del Seminario.