Turismo de Sada acudirá ao Salón Gastronómico Xantar 2017

30 / ENE / 2017

Turismo de Sada acudirá ao Salón Gastronómico Xantar 2017

- O pasado venres presentáronse as guías polo persoal responsable da área de Turismo o novo material turístico.

 

Sada 30 xaneiro 2017

A Concellería de Promoción Económica e Turismo estará presente do 1 ao 5 de febreiro, na 18ª edición do Salón Internacional do Turismo Gastronómico en Ourense. “Vimos de estar en Fitur, a feira más importante de turismo a nivel mundial pero eventos como o Xantar de Ourense son case que máis importantes estratexicamente para nós pois están dirixidos a públicos que potencialmente visitan cada vez máis e en maior numero a Sada” confirma o concelleiro nacionalista, Liss Becerra. 

O departamento que dirixe o responsable nacionalista elaborou nova documentación para ser presentada nesta feira, “tanto o técnico coma o auxiliar de turismo veñen de facer un gran traballo no deseño integral das publicacións sobre a Cervefeira de Sada, a Festa da Xiba ou a Guía Gastronómica que serán levadas a este Salón.

Os criterios seguidos para a súa elaboración están baseados no crecemento exponencial da cifra de visitantes recibidos por Sada no derradeiro ano e medio e tamén nas iniciativas deseñadas por todo o persoal da área e que está a ter unha gran acollida entre os que nos visitan” declarou o concelleiro.

Segundo fontes da propia concellería apostar pola Xiba e a Cervefeira responde a “datos estatísticos obxetivos” pois entre as dúas citas, Sada recibiu máis de 25 mil persoas.

A planificación na promoción turística do concello mariñán amplíase este ano a máis certames motivo polo cal tomouse  a decisión de renovar no meirande grado posible a documentación que se ten a disposición de visitantes e turistas na Oficina da Avenida da Mariña. Este material presentouse o pasado venres polo persoal responsable da área. 

Arquivado en