SUSPENDIDA a Semana da Biblioteca en Sada

23 / OUT / 2020

SUSPENDIDA a Semana da Biblioteca en Sada

POR MOR DAS INSTRUCIÓNS DO DOG 212/BIS DO 21/10/2020 DA XUNTA DE GALICIA DE MEDIDAS SANITARIAS RESTRITIVAS POLA PANDEMIA DO COVID19 QUEDAN SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES QUE SE CELEBRARÁN NA BIBLIOTECA DE SADA
 
A Biblioteca Municipal organiza unha Semana Especial da Biblioteca con varias actividades que precisan de inscrición previa.
 
Rescate na Biblioteca (sábado 24 de 12:00 a 13:00 na biblioteca municipal)
 
De 6 a 11 anos. Xogo de pistas no que os rapaces e rapazas aprenderán como funciona a súa biblioteca: onde atopar os diferentes xéneros, que facer se non se sabe onde está un libro, para que serve a figura da bibliotecaria, bibliotecario... porque as bibliotecas están sempre aí, pero...coñecémolas realmente?

A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda.
A confirmación de praza realizarase mediante chamada telefónica ou a través do correo electrónico.
Despois de cubrir este formulario xérase unha resposta automática, a cal non confirma a adxudicación de praza.

Durante o desenvolvemento do obradoiro cumprirase con toda a normativa vixente en relación coa actual situación sanitaria.

As nenas e nenos deberán levar máscara en todo momento. Haberá hidroxel á disposición das persoas asistentes. Deberán acudir ao obradoiro provistos dunha bolsa plástica ou de rafia, na cal gardarán as súas pertenzas persoais unha vez que entren no espazo da biblioteca.
 
Aquelando as nosas letras (domingo 25 de 12:00 a 13:00 na biblioteca municipal)
 
De 9 a 11 anos. Unha divertida contada onde unhas traballadoras do museo do Pobo Galego fan un percorrido pola literatura a través da obra de Carvalho Calero. "E ti para que queres o caderno de Don Ricardo?-pois porque é amigo meu e quero devolverllo".

15 prazas.
A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda.
A confirmación de praza realizarase mediante chamada telefónica ou a través do correo electrónico.
Despois de cubrir este formulario xérase unha resposta automática, a cal non confirma a adxudicación de praza.

Durante o desenvolvemento do obradoiro cumprirase con toda a normativa vixente en relación coa actual situación sanitaria.

As nenas e nenos deberán levar máscara en todo momento. Haberá hidroxel a disposición das persoas asistentes. Deberán acudir ao obradoiro provistos dunha bolsa plástica ou de rafia, na cal gardarán as súas pertenzas persoais unha vez que entren no espazo da biblioteca.

Arquivado en