Sada subvenciona a e-educación dos colexios do municipio

19 / DEC / 2016

Sada subvenciona a e-educación dos colexios do municipio

-A concellería de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, subvenciona a achega de material informático inventariable aos diferentes centros de educación e primaria do concello nunha aposta pola e-educación e ao acceso de todo o alumnado as novas tecnoloxías como ferramenta de aprendizaxe.

Sada 17 decembro 2016

A concellería de Educación, ven de aprobar a subvención de aportación de material informático inventariable aos diferentes centros de Educación e Primaria do concello nunha aposta polo achegamento a e-educación e ao acceso de todo o alumnado as novas tecnoloxías como ferramenta de aprendizaxe.

“A aposta pola e-educación, indica a concelleira socialista Raquel Bolaño, ten que vir acompañada de material informatico e investimento económico. Dende a Concellería de Educación facemos a nosa pequena aportación neste senso e facemos un chamamento para que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dote nos orzamentos da Xunta as cuantías económicas precisas para dotar aos programas que xa están en marcha neste senso nos propios centros escolares”

Os criterios e outorgamento desta axuda son obxectivos, tomando como referencia de gasto para cada centro a operación de 4 euros por alumno/a excepto no EEI Carnoedo onde se achega o material indistintamente do alumnado ao tratarse dun centro con poucos alumnos. “Este formato de subvención permite que cada colexio teña liberdade de elección para mercar o material informático que considere apropiado”, indica a concelleira.

Deste xeito a concellería aporta ao CEIP Pedro Barrié de la Maza 2.188 euros, ao CEIP Sada e Contornos 864 euros e ao CEIP O Mosteirón 1.144 euros. No caso da EEI de Carnoedo, na súa condición de Escola Unitaria, o número de alumnado é tan reducido (14 alumnos e alumnas) que non permite que o criterio obxectivo de 4 euros por alumno/a permita adquirir material informático por esa cuantía por este motivo a subvención consitirá nunha tablet para o disfrute de toda a aula. O importe total da subvención ascende a 4.345 euros.

“Os centros escolares, indica Bolaño,  son o mellor espazo para igualar ao alumnado e garantirlles o acceso as novas tecnoloxías, porque os destinatarios son todos, independentemente de cada circunstancia particular. Cando se invirte en Educación Pública e nos centros escolares aumentase a franxa de potenciales beneficiarios”

Arquivado en