Sada solicita un cribado masivo da súa poboación

25 / ENE / 2021

Sada solicita un cribado masivo da súa poboación

O Concello de Sada solicita tamén á Xunta que os SAF municipais sexan incluídos nas vacinacións prioritarias

Sada, 25 xaneiro 2021

O Concello de Sada enviou esta mañá un escrito á Consellería de Sanidade para expresarlle a preocupación polo aumento de contagios nesta terceira onda e solicitar a realización dun cribado masivo na localidade do mesmo xeito que se levaron a cabo noutros concellos da provincia.

O alcalde Benito Portela entende que a realización do cribado sería "moi beneficioso" para detectar posibles casos asintomáticos en Sada e expor, se fose necesario, "actuacións máis eficientes por parte dos servizos municipais en canto a illamentos e confinamento en caso de contagios detectados".

O alcalde expón ao Conselleiro que desde o Concello de Sada porase “a disposición da Consellería toda a infraestrutura loxística para a realización das probas a todos aqueles cidadáns que, de forma voluntaria, accedan a someterse ao test.

Sada solicítalle á Xunta que os SAF municipais sexan incluídos nas vacinacións prioritarias

A Concelleira de Benstar Social de Sada, Isabel Reimundez, considera fundamental que o persoal dos Servizos de Axuda no Fogar acceda o antes posible á vacina para “asegurar a protección das traballadoras e traballadores” e previr ao mesmo tempo que a prestación do servizo domiciliario “a persoas moi vulnerables” se converta nun vector de contaxio da enfermidade.

Reimúndez, remitiulle tamén un escrito esta mañá a Consellaría de Sanidade e a Xerencia da Área Sanitaria de Coruñaa e Cee solicitando que se priorice a administración da vacina contra o coronavirus ao personal do SAF xa que os e as traballadoras do servizo son un vector de contaxio importante e especialmente vulnerábeis. 

Arquivado en