Sada reforza a Policía Local coa incorporación de tres auxiliares e a convocatoria de 2 novas prazas en comisión de servizos.

14 / XUN / 2021

Sada reforza a Policía Local coa incorporación de tres auxiliares e a convocatoria de 2 novas prazas en comisión de servizos.

O número de efectivos da Policía Local elevarase a 22 coa incorporación dos auxiliares e os dous axentes da quenda de noite.

En seis meses o Concello de Sada incorporou cinco axentes e tres auxliares ademáis de nomear un novo Xefe de Policía accidental.

Sada, 14 xuño 2021.

O Concello de Sada ven de incorporar esta semana ao seu persoal a tres novos auxiliares que contribuirán a reforzar a seguridade no municipio e a facer fronte ás esixencias operativas da tempada de verán.

Ademáis o BOP publica hoxe a convocatoria para o desempeño en comisión de servizos de dous  postos de policía na quenda de noite. As persoas interesadas deberán ter a condición de persoal funcionario de carreira pertencente a Corpos da Policía Local en situación de servizo activo e contar co informe previo favorable do concello de procedencia. Ata o 28 de xuño estará aberta a convocatoria.

Con  estas novas novas incorporacións, o Concello de Sada incrementa nos últimos seis meses oito postos na Policía Local (tres axentes, tres auxiliares e dous postos na quenda de noite). O municipio conta ademais desde decembro cun novo Xefe de Policía accidental que veu desempeñando labores de axente en Sada desde hai máis de 20 anos.

“A plantilla da Policía Local estaba moi limitada, tendo en conta as novas necesidades que trouxo consigo a pandemia e por iso consideramos imprescindible contar cun maior número de efectivos, que nos permitirá cubrir as necesidades de seguridade cidadá no municipio e en especial a tempada de verán “ sinala Pilar Taibo concelleira de Seguridade Cidadá.

Segundo a Concelleira, coa incorporación destes novos efectivos, “preténdese potenciar as actuacións para alcanzar os obxectivos municipais en materia de seguridade, como mellorar a convivencia e cohesión social, combater a percepción de inseguridade ou planificar e mellorar a capacidade de resposta ante situacións de emerxencia”.

Arquivado en