Sada realizará melloras nas casas do pobo das parroquias

11 / XUN / 2021

Sada realizará melloras nas casas do pobo das parroquias

Este verán revitalizaranse as parroquias levando actividades culturais e de lecer

A concellería de Participación Cidadá organizou nos meses de primaveira a creación de hortos urbanos, unha actividade que tivo moi boa acollida e que terá continuidade coas persoas que acudiron aos cursos que estan interesadas en continuar realizando o mantemento do horto.

Sada, 11 xuño 2021.

O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, que xestiona Rebeca Mouriño está a reunirse coas asociacións de veciños das parroquias do municipio logo de estar pechadas e sen actividade con motivo da pandemia e para coñecer as demandas a nivel asociativo das parroquias.

A concelleira expricou nas distintas reunións as labores de de mantemento nas casas do pobo. “Preveemos melloras en todas as instalacións, atendendo as prioridades de cada casa do pobo, e  revitalizar o tecido asociativo logo da pandemia”, sinala a concelleira, quen lembra ademáis que “para este verán propuxéronse diferentes actividades nas parroquias e poder mobilizar así de novo á veciñanza”.

Entre outras, o Concello de Sada proxecta unha reforma no inmoble de Carnoedo  para habilitar na planta baixa un aula infantil-ludoteca e unha sala de adestramento e na planta alta unha sala destinada a aula musical e tamén espazos destinados ás  asociacións e clubs deportivos do municipio, para organizar reuniones e atender aos seus asociados.

A AA.VV. de Meirás levaba anos demandando a instalación dunha cociña na planta baixa da casa do pobo polo que realizouse a instalación dunha cociña completa ( mobles de almacenaxe, forno,campana, fogones ...) e se mellorou a instalación eléctrica.

Por outro lado a  casa do pobo do Castro (Osedo) ten gran filtración de humidade e moita necesidade de limpeza da cuberta debido as arbores que a rodean. Desde o Concello acometerase a limpeza da fachada, tellado e limpeza de canlóns, con hidrolimpadora de alta presión para posteriormente proceder ao -selado de gretas e fisuras e pintar. No interior do inmoble tamén realizarase pintado de instancias.

Pola súa banda na Casa do Pobo de Veigue comprobáronse  a existencia de filtracións  polo balcón frontal que fixo que se levantase toda a pintura do interior. Polo que desde o Concello se acometerá a reparacion do balcón pola  filtracion de auga .

Ademáis a Concelleira de Participación Cidadá  reunirase nos vindeiros días cos representantes de Mondego e Soñeiro e mantivo conversas coa AA.VV. de Mosteirón, para retomar la solicitude de creación da Casa del Pobo, “na unica parroquia de Sada que no tiene lugar de reunión”, lembra Rebeca Mouriño.

Hortos Urbanos

A concellería de Participación Cidadá organizou para os meses de primaveira a creación de hortos urbanos, unha actividade que tivo moi boa acollida e que terá continuidade coas persoas que acudiron aos cursos que estan interesadas en continuar realizando o mantemento do horto.

Estes cursos conseguiron crear movemento dunha comunidade interesada na horticultura “e ademais  estamos a conseguir promover un ambiente social onde os veciños iteractúan, coñécense entre si e fortalécese o sentimento de pertenza”.

Onte reuníronse na OMIX para debatir o futuro do horto municipal situado en rua Igrexa, na Tenencia.  Vendo que saen adiante os cultivos realizados durante os cursos todos os interesados asistentes mostraron a súa disposición para continuar como colectivo de forma autómoma con este proxecto de horto urbano.

Ademais detectouse unha gran demanda para conseguir novos espazos , polo que a concellería traballa nunhas bases reguladoras de cesión de parcelas no núcleo urbano para poñer en marcha unha rede de hortos urbanos conseguindo así a rehabilitación de zonas urbanas en desuso e a súa vez realizar un proxecto de futuro creando conciencia de conservación de espazos  comuns e convivencia. 

Arquivado en