Sada programa formación gratuíta para a mocidade desempregada

23 / MAR / 2021

Sada programa formación gratuíta para a mocidade desempregada

A Concellería de promoción económica, turismo e emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) en colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña organiza formación gratuita dentro do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) de 215 horas (formación troncal 65 h. e específica 150 h.). 

DIRIXIDO: á xuventude menor de 30 anos que se atopa en situación de desemprego do Concello de Sada inscrita como demandante de emprego no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil. No caso de que non estean inscritos/as, deberán inscribirse no Programa de Garantía Xuvenil neste enlace 

O PICE vai desenvolver unha acción troncal en empregabilidade para a busca de emprego de 65 h. (Habilidades persoais, para a empregabilidade, sociais e Internet) e unha acción de formación específica de Auxiliar de reposición e venda en gran superficie de 150 h. (50 h. de teoría: repositor/a de gran superficie, técnicas de venda e atención á clientela e 100 h. de prácticas).

Para poder acceder á formación específica é necesario asistir á formación troncal

Enlace para realizar a inscrición ao PICE no seguinte formulario

Máis información no teléfono 620 765 150