Sada presenta recursos contra a retirada de bens do Pazo de Meirás

06 / MAI / 2021

Sada presenta recursos contra a retirada de bens  do Pazo de Meirás

Os servizos xurídicos do Concello de Sada presentaron esta mañá os dous escritos no Xulgado de Primeira Instancia n1º para evitar que a familia Franco poida levarse os bens  do Pazo de Meirás.

“Mentres os Franco contratan empresas e persoal de mudanza, Estado e Xunta deben actuar de inmediato. Recorrer a dilixencia do letrado do Xulgado é condición necesaria, pero non suficiente, para evitar que os Franco despoxen e baleiren o Pazo”, declara Benito Portela.- 

O concello de Sada insta á Xunta e Estado a executar o acordo unánime do Parlamento de Galiza do pasado mércores.

 

Sada, 6 maio 2021.

O Concello de Sada presentou esta mañá no Xulgado de Primeira Instancia n1 de A Coruña dous escritos en relación cos bens mobles do Pazo.

Nun primeiro interponse incidente de execución aos efectos de que por parte do Xulgado se resolva sobre a indisponibilidade de retirada de determinados bens mobles que, a criterio do Concello, forman parte do inmoble. No segundo escrito interponse recurso de reposición contra da concreta orde de retirada ordenado por dilixencia do letrado do Xulgado.

Tanto nun caso coma noutro, o letrado municipal  considera que o título executivo, que non é outro que a sentenza do Xulgado de 1ª instancia de 02/09/2020, ampara a consideración de bens de dominio público dos bens mobles, tanto dos que formaban parte do Pazo en 1938 (obxecto de transmisión na escritura de compra-venta dese ano) como daqueles outros instalados polo Estado e que, en ambos casos, formaban parte e estiveron afectos ao servizo público da residencia da xefatura do Estado detentada polo ditador. A sentenza do 02/09/2020 considerou que o Estado ostentou a súa condición de dono, a todos os efectos, desde 1938 ata a morte do ditador, o que estende a posesión non so ao inmoble (continente) senon aos bens mobles (contido).

O letrado municipal considera, amais, que o feito de que dita sentenza non resolvese expresamente sobre ditos bens mobles non supón impedimento legal a que o Xulgado ordene, en execución de sentenza, que forman parte, indisociable, do ben inmoble, invovando pare elo reiterada doctrina xurisprudencial que remite a unha interpretación integrada do fallo cos fundamentos xurídicos da sentenza. Uns fundamentos xurídicos nos que se conluia a “posesión pública, pacífica e ininterrumpida, en concepto de dueño por parte del Estado” no período 1938-1975. Consideración de bens de dominio público que se estende aos bens mobles.

O concello de Sada considera que  a presentación de recurso de reposición contra da dilixencia de ordenación de retirada de bens, ditada polo letrado do Xulgado, é necesaria, pero non suficiente, dado que o Estado como parte actora debe exercitar de inmediato, e á maior brevidade posible,  outras accións xudiciais. “Mentres os Franco anuncian a empresa e persoal de mudanza, Estado e Xunta, e viceversa, deben exercitar suas competencias, xudiciais e administrativas, accionando todas cantas medidas sexan procedentes para evitar o expolio do Pazo e que este quede baleiro de contido. E facelo canto antes.”, sinala o alcalde Benito Portela.

Do mesmo xeito, o alcalde de Sada insta de Estado e Xunta a dar efectivo comprimento ao acordo unánime do Parlamento de Galiza de onte mércores, e no mesmo sendo, o propio acordo do Pleno da Corporación de sada do pasado xoves 30 de abril. “A criterio deste concello é a Xunta quen ostenta as plenas competencias para incluír os bens mobles no Decreto BIC do Pazo de Meirás, pero esa cuestión competencial non pode ser desculpa para que nin Xunta nin Estado exerciten e resolvan aquelo que é tan necesario como urxente, cal é o de dotar da tutela BIC ao conxunto dos bens dun sitio histórico BIC como é o Pazo de Meirás”, conclúe Benito Portela.

Arquivado en