Sada oferta alemán para adultos, ESO e bacharelato. Curso

23/11/2015

Sada oferta alemán para adultos, ESO e bacharelato. Curso

A concellaría de Educación, que xestiona a socialista Raquel Bolaño, oferta dentro do programa Sada Educa un curso de Alemán que se impartirá na OMIX.




Sada 23 de outubro

Sada oferta, a través da concellaría de Educación que xestionada a socialista Raquel Bolaño, un Curso de Alemán para adultos, alumnos de ESO e Bacharelato impartido por profesora nativa.

Este curso enmárcase dentro das actividades extraescolares de Sada Educa que está a ter un enorme éxito de participación. “Os obxectivos de Sada Educa no paquete de actividades para adultos, segundo explica a concelleira Raquel Bolaño, parten dunha demanda formativa para fomentar o plurilingüismo e o aprendizaxe de novos idiomas.”

Para poder realizar este curso a concellaría de Educación pon como requisito a formación dun grupo mínimo de 7 persoas e impartirase a partir do 4 de novembro en horario de mércores de 18:30 a 20:30 horas até o mes de xuño.

O prazo de inscrición finalizará o venres 30 de outubro e poderase realiza na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) mediante a folla de inscrición que na devandita oficina entregaráselles. O prezo do curso será de 12 euros ao mes aínda que dende a concellería de Educación se popoñen descontos que aplicaranse a alumnos de de E.S.O. e Bacharelato.

A todos os membros integrantes de familias numerosas se lles descontará un 50% no precio da actividade. Tamén terán un desconto os irmáns que participen nas actividades dun 20%. O desconto aplicarase sobre a cuota de cada un dos irmáns/ás e non teñén por que estar no mesmo colexio.

Sada Educa é un programa que conxuga actividades extraescolares para escolares e formativas para adultos fóra do horario lectivo, a maior parte delas nos centros educativos do municipio e no local de actividades da Oficina da Xuventude. Neste curso 2015-2016 prográmanse un total de dezaseis actividades para nenos de todas as idades e adultos entre as que se encontran mini-chef, zumba, técnicas de estudio, deseño gráfico, estimulación temperá ou alemán.

Dende a concellería de Educación se popoñen descontos que aplicaranse a alumnos de de E.S.O. e Bacharelato. A todos os membros integrantes de familias numerosas se lles descontará un 50% no precio da actividade. Tamén terán un desconto os irmáns que participen nas actividades dun 20%. O desconto aplicarase sobre a cuota de cada un dos irmáns/ás e non teñén por que estar no mesmo colexio.

Arquivado en:
Novas. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Educación.

Perfís:
Xuventude. Maiores.

AXENDA