Sada lidera a subida de renda bruta entrando por primeira vez nos grupo dos dez concellos máis ricos de Galicia.

17/10/2019

Sada lidera a subida de renda bruta entrando por primeira vez nos grupo dos dez concellos máis ricos de Galicia.

-O Concello de Sada aumenta por enriba do 4% nos datos de renda bruta o INE do ano 2017 e pasa do posto 11 ao 8 adiantando a Vigo.


Sada 2 outubro 2019.

O pasado ano Sada o INE publicaba os datos de renda bruta dos concellos de Galicia onde Sada aumentaba dous postos, pasando do 13 ao 11, cun aumento do 5,6% e moi preto de Vigo que ocupaba entón o décimo posto da comunidade con 25.871€. Este ano Vigo baixa un posto e Sada ascende tres colocándose no grupo dos dez primeiros concellos de Galicia en renda bruta concretamente no oitavo posto con 26.787€ por habitante.

Sada ven encamiñando subidas constantes desde o ano 2015 no referente á renda das familias. Situado no posto 14 en dito ano, ven subindo desde entón ata que onte o INE colocaba a Sada dentro dos dez concellos con maior renda de Galicia concretamente no oitavo posto e sendo, xunto con Baiona, o Concello que máis aumentou a renda no 2017 cun aumento por enriba do 4% cando a tendencia foi á baixa en concellos limítrofes.

Para o alcalde de Sada, Benito Portela, estes datos “hai que tomalos con cautela e esperar que se produzan por un aumento de afiliacións á Seguridade Social dos veciños e veciñas que reflexe o reparto da riqueza do municipio”.

Precisamente a enquisa correspondente ao pasado ano, establece un total de 5.572 (2.903 homes e 2.669 mulleres) afiliados á Seguridade Social no municipio de Sada. A evolución deste dato desde abril de 2011 foi significativa. Nesa data Sada contaba con 5.350 afiliados. Pese a que o municipio seguiu aumentando habitantes (de 14.922 en 2011 se pasou a 15.150 en 2015) o número de afiliados á Seguridade Social foi reducíndose anualmente no periodo 2011-2015 ata chegar a  4.996 en xuño de 2015 e como consecuencia a renda disponible bruta por habitante rexistrou o peor resultado da última década no ano 2014.

Desde  xuño de 2015 Sada foi recuperando ese dato e os afiliados á Seguridade Social medraron cada ano no municipio. En xuño 2016 contabilizábanse 5.194 afiliados, en xuño 2017 un total de 5.342 e finalmente en xuño de 2018 estableceuse o mellor dato de afiliados en Sada desde o 2011 contabilizando un total de 5.572.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica e Contratación. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Emprego. Urbanismo. Vivenda. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA