Onte, domingo 21 de abril, rematou a XVII Mostra de Teatro Afeccionado de Sada, coa entrega dos premios Lugrís Freire e a representación da obra "Melocotón an Almibar" da compañía sadense Teatro Artesán. De entre as 36 solicitudes presentadas a concurso, as catro compañías que foron seleccionadas para a Mostra máis a seleccionada para o día de peche, recibiron un premio fixo de 800€. O premio do xurado recaeu en "De marzo a marzo" da compañía Opaí Teatro (Ferrol) que recibiu unha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ para impulsar os seus futuros traballos. Pola súa banda, o público valorou de forma maioritaria a obra "Até logo, Mari Carmen" da compañía Caixón de Xastre (A Coruña) quen tamén foi obsequiada cunha figura de cerámicas O Castro e outros 400€ que sen dúbida contribuirán á creación de novos proxecto
Desde Coawa, impulsada pola Cátedra Emalcsa-UDC, ponse a disposición da cidadanía unha visita guiada na planta potabilizadora de A Telva e a contorna do Río Mero (Sigras, Cambre) o martes 7 de maio.
A metade da oferta está reservada ó reforzo do cadro de persoal da Policía Local
A convocatoria ten por obxecto a creación dunha nova bolsa de emprego temporal para persoal funcionario interino da Escala de Administración Xeral Subescala Auxiliar (grupo C/subgrupo C2) e sbstituirá, cando se aprobe, á aprobada para o tipo de posto polo Resolución de Alcaldía núm.1608/2020, do 3 de agosto
Obradoiro de banda deseñada infantil na Biblioteca Municipal para o alumnado do CEIP Sada e Contornos o luns 22 de abril
A exposición estará aberta ao público desde o 11 de Abril ata o 9 de Maio da Capela de San Roque no Concello de Sada de Martes a Sábado nun horario de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.
O venres día 12 de abril ás 18:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Cantacontos Kairos para nenos e nenas con idades de 0 a 6 anos.