SADA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

26/04/2021

SADA CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

Con motivo do Día Internacional da Danza, que terá lugar o xoves 29 de abril, a Concellería de Cultura programa diversos actos para conmemorar esta data e por en valor as diferentes modalidades que desde o municipio sadense se realizan neste campo artístico.


Venres 30 abril

  • VOO - Anxela Blanco

Praza Suárez Picallo ás 18:30h. (No caso de choiva a actuación trasládase ao Auditorio da Casa da Cultura, con entrada libre ata completar aforo).

“Para facer un universo truncado, tan só precisamos vintecinco paus de madeira ou metal” . VOO é a quinta das pezas creadas por Anxela Blanco. Unha peza de danza acrobática para rúa, unha reflexión familiar sobre as personas desprazadas e a necesidade de unirse para construir unha solución. Arquitectura, Atlas e o desexo de bailar

 

Sábado 01 de maio

  • Máster class con Carmen López

Praza da Peixería 

11-11:30h. Baile latino en líña 

11:30-12h. Funky/Moderno

Reserva de praza

A actividade realizarase para un máxiño de 15 persoas previa Reserva de praza . A adxudicación de prazas realizarase por rigoroso orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda. A confirmación de praza realizarase mediante chamada telefónica ou a través do correo electrónico. Durante o desenvolvemento do obradoiro cumpriráse con toda a normativa vixente en relación á actual situación sanitaria.

 

  • Academia de baile Sadanza

12:00 h. - Praza Irmáns Suárez Picallo

Actuación da Academia de baile Sadanza realizando os bailes cos que participaron  nos programas de TV: Got Talent e The Dancer

Reserva de praza

 

  • Danza tradicional con Queiroa.

12:00 a 14:00 h. Rúas de Sada

A Asociación de Música e Danza tradicional Queiroa realizará unha mostra do seu repertorio durante a mañá do sábado 1 de maio por diferentes rúas de Sada.

 

Sábado 8 maio.

  • O Principiño. Escola de danza Carmen López.

12:00 h. - Praza Irmáns Suárez Picallo

Interpretación en danza do famoso libro do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.

(Obra programada para o 24 de abril que tivo que suspenderse por mor das inclemencias meteorolóxicas. As reservas realizaadas para esa data son valederas para a nova data do 8 de maio).


Arquivado en:
Novas. Sada. Cultura .

Temas:
Formación. Cultura. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA