Promoción Económica crea un concurso de escaparatismo para reforzar a implicación do comercio local coa Feira Modernista

02 / AGO / 2017

Promoción Económica crea un concurso de escaparatismo para reforzar a implicación do comercio local coa Feira Modernista

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca o concurso de escaparatismo O Moderniño.

Bases do concurso o Moderniño

Sada 2 de agosto 2017.

Sada mantén a súa aposta polo Movemento Modernista. A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente impulsa a implicación cidadá, tanto dos veciños como dos comerciantes, coa convocatoria do concurso de escaparatismo o Moderniño.

 “Queremos aproveitar a celebración dun evento cun arraigamento importante e cunha importancia manifesta no sector turístico da comarca, para seguir na liña de achegamento á filosofía clúster de cooperación”, apunta el nacionalista Lis Suárez Becerra.

Neste sentido, o propósito é aproveitar a difusión da cita desde o punto de vista comercial, para, na medida do posible, contribuír a impulsar as vendas e o consumo en Sada.

Unha das medidas é un concurso de escaparates de temática modernista, á que se suma unha iniciativa para a liquidación de stock: o Moderniño. Unha etiqueta ou identificativo visible coa imaxe do evento principal para obter descontos especiais, ou participar en sorteos e promocións, precisaron desde Promoción Económica e Turismo.

O concurso de escaparates rematará o 18 de agosto, coincidindo coa II Festa do Turista e ou Mestura Shopping, que se desenvolverá nas inmediacións da Terraza inmediatamente despois.

Arquivado en