PARTICIPACIÓN NO MERCADO MODERNISTA DE SADA

12 / XUL / 2017

PARTICIPACIÓN NO MERCADO MODERNISTA DE SADA

Dende a Concellería de Cultura e Praias, xestionada pola socialista María Pardo, estan a traballar na organización da VI Feira Modernista de Sada, na que, como é habitual, contemplamos un espazo para a instalación dun “Mercado Modernista” no que se exporán ó público diferentes produtos e elaboracións artesás, de interese comercial e/ou artístico, que poidan ter algunha relación cos conceptos que definiron ó movemento Modernista.

COMUNICACIÓN PARA PERSOAS/ENTIDADES INTERESADAS EN PARTICIPAR NO MERCADO MODERNISTA.

Durante os tres días de celebración da Feira Modernista sucederanse unha serie de propostas culturais en diferentes rúas de Sada. Ó longo de cada día programaranse actuacións musicais, exhibicións, pasacalles, rutas de vehículos de época, propostas lúdicas, cine… todo centrado en recrear o espírito dunha época e inspirado nos conceptos artísticos do Modernismo, que deixou a súa pegada na nosa localidade a través, sobre todo, do patrimonio arquitectónico e de movementos sociais e históricos que dan forma á nosa identidade como pobo.

No epicentro das celebracións, no entorno do Paseo Marítimo e da praza situada detrás do edificio modernista de La Terraza, instalaraNse unhas pérgolas nas que se ubicarán os comerciantes/artesanos autorizados a participar nesta edición da feira, e que serán os que dean vida ó Mercado Modernista.

As/os interesadas/os en participar nesta edición do “Mercado Modernista” de Sada deberán enviar un correo electrónico á dirección sada.cul@sada.gal. O prazo remata o luns 26 de xuño.

 

Arquivado en