Os informes e as declaracións da Xunta coinciden nas correctas actuacións levadas a cabo nas inundacións

21 / ABR / 2016

Os informes e as declaracións da Xunta coinciden nas correctas actuacións levadas a cabo nas inundacións

- O goberno local presentou no Pleno de onte os informes dos servizos de emerxencias e dos corpos de seguridade.

-O 112 avisou da alerta laranxa para a zona de Sada o día 30 de marzo as 7:16 horas cando desde as 4:15 horas o alcalde, Benito Portela, e os servizos de emerxencia, seguridade e obras xa estaban no lugar das inundacións.

- Os informes dos distintos servizos de emerxencias revelan que a falta de alerta de nivel laranxa, o extraordinario nivel rexistrado no caudal do río Maior e unha pluviometría con más de 120 l/m2, orixinaron unha situación extraordinaria xamais rexistrada na base de datos de emerxencias ata a data do suceso.

-Os informes da Policía Loca, Garda Civil e SEM coinciden có xa expresado pola Xunta de Galicia, tanto polo director xeral de Emerxencias, Luis Menor, quen validou as labores levadas a cabo a Sada nas inundacións indicando que as medidas foron eficaces e correctas, como polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, quen achacou o suceso a unha confluencia de causas entre as que citou as condicións atmosféricas, a pleamar e a presión urbanística deste concello.

Sada 22 abril 2016

Todos os informes oficiais solicitados polo goberno local aos diversos corpos de seguridade e servizos de emerxencia, así coma o declarado polos organismos oficiais competentes da Xunta de Galicia, coinciden na situación extraordinaria de suma de factores que aconteceu en Sada o pasado día 30 de marzo que deu lugar ás inundacións.

Co paso dos días vaise certificando que as actuacións levadas a cabo desde que  a Policía Local tivo constancia do primeiro aviso, na madrugada do día 30 de marzo, até os traballos realizados os días posteriores ás inundacións foron os correctos, nun principio para evitar danos maiores e posteriormente para restaurar a normalidade.

O informe do Servizo de Emerxencias Municipal (SEM), así como o boletín da dirección Xeral de Emerxencias dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, sinalan que o nivel de alerta laranxa por fenómeno meteorolóxico adverso por choiva para as zonas Noroeste e Oeste da provincia da Coruña prodúcese despois de que o río Maior desbordásese e alagase as rúas de Sada.

O fax do 112 recíbese no Concello de Sada ás 7:16 horas do día 30 de marzo, anunciando o boletín da Axencia Estatal de Meteoroloxía datado tamén o día 30 de marzo ás 6:23 horas.

Segundo recolle o informe da policía local, moito antes do aviso de alerta laranxa por parte do 112 e AEMET, recibíronse as primeiras chamadas dos veciños alertando das primeiras inundacións. A primeira ás 3:28 horas do día 30 de marzo avisando de inundacións en cálea Lagoa. Pouco despois ás 3:55 horas mobilízanse os servizos de emerxencias para que acudan a Sada, personándose pouco despois dous camións uno do Servizo de Emerxencias Municipal e outro do Parque comarcal de Bombeiros de Betanzos. Ás 4:15 horas a policía local ponse en contacto co alcalde de Sada, Benito Portela, personándose a continuación o alcalde no lugar das inundacións co Xefe da Brigada de Servizos do Concello e dando orde de que se tomen todas as medidas necesarias, a maiores das xa tomadas, para paliar a situación. Ás 4:25 comunican unha inundación nunha vivenda en Vertín (Mondego) e o camión de Bombeiros do SEM desprázase até o lugar xunto co alcalde de Sada e o xefe da Brigada de Servizos evacuando aos propietarios da vivenda que presentan mobilidade reducida. Ás 5:10 horas, comunican unha inundación en Quintán (Mondego) desprazándose novamente ao devandito lugar o camión do SEM. Ás 5:40 horas o alcalde recibe alerta de inundacións en rúa Abegondo. Ás 6:20 horas comunícase inundación no calexónn da Lagoa. Ás 6:50 horas alértase de inundación nunha vivenda en rúa Lagoa personándose os Bombeiros. Ás 7:00 comunícase entrada de auga nunha vivenda en Riobao. Ás 7:16 recíbese aviso de alerta laranxa do 112.

Desde o SEM indican que “a activación de protocolo de emerxencia prodúcese cando se produce nivel de alerta laranxa, nunca con nivel amárelo” que foi o que anunciaron tanto AEMET como o 112 para o día 29 de marzo e que non cambiou a alerta laranxa até o día 30 de marzo ás 7:16 horas cando xa estaba alagado gran parte do centro urbano de Sada. “Nos últimos anos, sinalan desde o SEM, producíronse numerosos anuncios de nivel de alerta amarelo e nunca se activou o protocolo de emerxencias.”

O dispositivo de emerxencias actívase a madrugada do día 30 de marzo, horas antes da notificación de alerta de nivel laranxa, e coordínase desde Sada. Neste  dispositivo chegan a participar 21 efectivos dos distintos servizos de emerxencias  SEM, Parque Comarcal de Bombeiros de Betanzos, Bombeiros de Coruña, AXEGA, Viaqua, Servizo Defensa Forestal de Medio Rural e Brigada de Servizos do Concello de Sada.

Ademais actívase o dispositivo de seguridade cos corpos da Policía Local; Garda Civil de Sada, Oleiros, Cambre e Abegondo; Seprona e GEAS Zona Galicia, reunindo o día 30 de marzo un total de 34 efectivos en Sada. Tamén participan no dispositivo Cruz Vermella e persoal de servizos sociais, para atender, asesorar e informar as persoas desaloxadas das vivendas nos puntos de realoxo que o goberno local habilita así como das primeiras medidas de manutención e avituallamiento para as persoas afectadas que non poden volver ás súas casas.

O informe do SEM sinala que a zona afectada polas inundacións presentaba diversos riscos que tiveron que valorarse para realizar unha evacuación segura. Factores tan condicionantes como “a necesidade de realizar o corte do suministro eléctrico, a falta das tapas de rexistro de pluviais e o resto de trampillas que se levantaran debido á cantidade de auga” conlevaban un risco para ordear unha evacuación non controlada. O informe indica tamén que a todo iesto hai que sumarlle o “condicionante das baixas tempraturas que xe rexistraban no auga cunha situación térmica de 6º, polo que exponer á xente a estes factores conlevaria un risco maior que permanecer nas vivendas ata desaloxalos con garantías”. Por iso fixose necesaria a planificación preventiva de medios acuaticos tipo zodiac , para evacuar á xente, de ambulancias e de persoal de Cruz Vermella e Servizos Sociais para atender á xente desaloxada.

Seguindo cos labores levados a cabo na madrugada e a mañá do día 30 de marzo o informe do capitán, Pablo Lago, xefe de compañía da comandancia da Garda Civil na Coruña indica as estradas urbanas das Brañas estaban alagadas e igualmente locais comerciais e vivendas de planta baixa. Os garaxes subterráneos están alagados e os vehículos estacionados na vía pública atópanse parcialmente mergullados, por todo iso derivan o tráfico das rúas afectadas a rutas alternativas e o GEAS percorre as rúas trasladando a persoas residentes, que así o solicitan, até a zona seca priorizando a anciáns, nenos, persoas con mobilidade reducida e finalmente a todos os cidadáns que o solicitaron.

Ás 20:40 horas do día 30 de marzo non se puideron comezar os labores de achique de auga das rúas do centro urbano de Sada. O xefe dos Servizos de Emerxencias Municipal indica que “debido ao nivel freático do río, a pleamar e aos niveis do rexistro de pluviais” era imposible o achique antes desa hora. Tras unha análise realizada conxuntamente polo Xefe Provincial de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Víctor Pérez, o Técnico de Operacións de AXEGA, Jose Antonio Argibay e o propio Xefe do SEM, Alejandro Morales, decidiuse comezar o achique de auga das rúas de Sada cando os niveis aconsellaban dita labor. Para tal efecto empregáronse un total de 20 camións con bombas (seis do do SEM, dous do Parque de Bombeiros de Betanzos, tres de Bombeiros de Coruña, cinco de AXEGA, dous do Servizo Defensa Forestal e dous da empresa Viaqua cunha capacidade de evacuación de 6.800 litros/minuto)

As actuacións dos distintos servizos de emerxencias e dos corpos de seguridade foron referendadas polo director xeral de Emerxencias, Luis Menor, quen validou as labores levadas a cabo en Sada nas inundacións indicando que as medidas foron “eficaces e correctas”.

Pola sua parte o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, achacou o suceso a unha confluencia de causas entre as que citou as “condicións atmosféricas, a pleamar e a presión urbanística deste concello”. Rodríguez Martínez, frente ás críticas dalgúns políticos neste sentido, señalou ademáis que os cauces dos ríos estaban en “boas condicións”.

Arquivado en