Obras en Soñeiro en varias fases

13 / OUT / 2016

Obras en Soñeiro en varias fases

-A calzada de Campo de Sar en Soñeiro ampliarase e cambiaranse a situación dos contenedores de lixo.

-As obras de mellora da vía buscan garantir a seguridade dos veciños

Sada 13 outubro 2016.

Varías obras nas vías da parroquia de Soñeiro están a realizarse estes días por distintos organismos. As obras de ampliación da estrada que, desde os servizos de mantemento da Deputación Provincial, están a executarse en Campo de Sar non serán as únicas que transformarán este espazo, xa que o Concello de Sada prevé complementar estes traballos cunha actuación tendente a mellorar a seguridade e as pluviais da contorna.

Así mesmo, atendendo ás peticións realizadas nas reunións de participación cidadá cos veciños da zona, está a acometerse o cambio de lugar dos colectores de lixo, que están nas inmediacións dun cruzamento, o que supón un perigo de noite. O Concello decidiu trasladalos a un lugar máis seguro onde está previsto que se instalen nunha plataforma.

Tamén atendendo ás peticións veciñais executarase un sobreancho da calzada, con instalación de tubaxe de pluviais e limpeza de cunetas no tramo que discorre entre as obras de mantemento da calzada de Campo de Sar, que se está executando nestes momentos, e as obras con cargo ao PAI, que levarán a cabo nas próximas semanas. 

As obras con cargo ao Plan de Aforro e Investimento contemplan traballos na calzada desde o cruzamento de Costa á altura do número 10 até o camiño que vai ao cemiterio parroquial de Soñeiro e desde de cruzamento á altura do número 14 de Costa coa súa ligazón coa AC-182.

O concelleiro Miguel Tenreiro explica que "unha vez acometidas as obras vos camiños terán un ancho maior, perfectamente pavimentado, co fin de mellorar a circulación vehicular e peonil dá zona". Os traballos contemplan, ademais de executar o sobreancho da calzada, o entubado de pluviais, a limpeza das cunetas e neles está previsto que se invistan 54.507 euros con cargo ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación.

Arquivado en