Obradoiros Entroido 2016

29 / ENE / 2016

Obradoiros Entroido 2016

A Concellaría de Educación, Xuventude e Saúde abre o prazo de inscrición (do día 19 ao 29 de xaneiro) para participar nos Obradoiros de Entroido que terán lugar os días 8, 9, 10 de febreiro en horario de 10:00 a 13:30 h.

Idades dos participantes: Grupo "A" de 4 a 6 anos - Grupo "B" de 7 a 9 anos - Horario: 10:00 a 13:30 h.



As inscricións debense entregar na Oficina da Xuventude ou ben envialas por email a: omixsada@gmail.com

Lugar de realización: Colexio Sada e Contornos.

Nestos Obradoiros os nenos/as poderán realizar actividades relacionadas coa Festa do Entroido realizando elementos e complementos para os seus propios disfraces, empregando, cartulinas, telas, lazos, etc….e tamén caracterizacións mediante a maquillaxe, o disfrace, etc….(pinturas, cores, sombras, purpurinas, lazos de cores, etc.).

A idea é que estas pequenas creacións que fagan os nenos/as sirvan para poder lucir os seus traballos no Entroido por Sada, coas suas familias e cos seus amigos. Ademáis haberá un espazo para realizar xogos, cancións e actividades de dinamización en inglés.