Obradoiro sobre igualdade de oportunidades e xestión cooperativa en Sada

13 / SEP / 2016

Obradoiro sobre igualdade de oportunidades e xestión cooperativa en Sada

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada planifica a impartición dun obradoiro “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa”, co fin de dar visibilidade e reforzo as súas aptitudes ante os requirimentos derivados da participación efectiva no mundo profesional. 

Máis información sobre o curso

O curso, impartido pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), comezará o 16 de setembro na Aula CEMIT e rematará o 26 de setembro (16, 19, 20, 21, 22, 23 y 26 de septiembre, de 10:00 a 13:00 horas).

Durante as sete sesións, as persoas asistentes recibirán formación sobre a igualdade de oportunidades e sobre o empoderamento da muller no ámbito profesional. Todas as persoas interesadas en asistir poden inscribirse de modo gratuíto chamando ao 981 58 47 83 antes do 15 de setembro